Herodes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herodes.

Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun idumeo e dunha nabetea, en realidade era un palestino de cultura helenística dedicado ao servizo de Roma, que dominaba Palestina dende que fora conquistada por Pompeio (63 a.C.).

Herodes foi nomeado primeiro gobernador de Galilea e posteriormente tetrarca para dirixir as relacións de Roma cós xudeus; pero tivo que fuxir ante o ataque dos partos, que apoiaban no trono a Antígona, a última reina da dinastía dos Asmoneos ou Macabeos, representante da resistencia xudía contra a dominación política e cultural do Occidente grecorromano.

No ano 40 a. C. o Senado romano nomeou a Herodes rei dos xudeus por indicación de Marco Antonio, co encargo de recuperar Xudea de mans de Antígona. Combateu contra ela durante tres anos ata que conquistou Xerusalén e a decapitou.

Polo demais, Herodes foi un rei hábil: soubo eludir a súa participación na batalla de Actium, o que permitiu que Augusto o mantivera no trono despois da súa vitoria, cunha autonomía política practicamente total a pesar de ser o vasalo do Imperio; defendeu eficazmente o reino fronte aos ataques de partos e árabes; construíu cidades e fortalezas; embeleceu a capital; respectou os costumes locais e comenzou a reconstrución do Templo de Xerusalén.

Ao morrer deixou o reino dividido entre os seus fillos: Xudea, Samaría e Idumea para Arquelao (destituído dous anos despois polo gobernador romano Poncio Pilatos e Galilea e Perea para Herodes Antipas (o cal, segundo os Evanxeos, eludiu xulgar a Xesuscristo cando llo enviou Pilatos). O neto de Herodes, Herodes Agripa I, foi o último rei que gobernou sobre a totalidade de Palestina e o que, segundo os Feitos dos Apóstolos, fixo encarcerar a san Pedro e condenou a morte a Santiago o Maior. Baixo o reinado do seu fillo Herodes Agripa II estalou a rebelión dos xudeus que levou á destrución de Xerusalén por Tito e a anexión de Palestina a Siria como provincia romana (70 d. C.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]