Raimundo de Borgoña
Raimundo de Borgoña foi un magnate borgoñón que gobernou o Reino de Galicia por doazón feudal do rei Afonso VI en 1087. Fillo de Guillerme I de Borgoña e familiar directo do Papa de Roma Calisto II.
Índice |
Cruzada [editar]
A invasión almorábide do sur da Península Ibérica e a nova dramática da derrota de Afonso VI en Zalaca e Uclés levouno a acudir en defensa dos reinos cristiáns peninsulares no ano 1086. Tropas francas e borgoñoas e continxentes poboacionais de alén Pireneos baixo o seu mando reforzaron as fronteiras entre a España cristiá e a musulmá. Era un momento no que en Europa se vivía con entusiasmo o espírito das Cruzadas.
Goberno do Reino de Galicia [editar]
No ano 1091, casou coa princesa Urraca (totia gallecie Imperatrix). O rei Afonso VI tiña enormes dificultades en Galicia tralo encarceramento de García de Galicia. Tivo que destituír ao bispo compostelán Diego Páez e sufocar a sangue e lume unha rebelión do magnate Rodrigo Ovéquiz. Para poñer remedio a esta situación cedeu ao Conde Raimundo o goberno destas terras.
Raimundo de Borgoña puxo orde á situación confiando os asuntos composteláns a Diego Xelmírez e liderando con man firme á inqueda nobreza galaico-portuguesa. Impartiu xustiza, recadou impostos, outorgou foros e privilexios e organizou exércitos. Garantiulle ao rei leonés a súa lealdade estabilizándolle a retagarda noroccidental dos seus reinos. Da autoridade que acadou son testemuño as fontes que o denominan totius Galletie imperator e in urbe Gallecia regante. Aparecía, asemade, como o máis claro sucesor ao trono leonés.
Fiel a Afonso VI [editar]
O monarca galaico confioulle importantes tarefas militares e de goberno alén da Galicia actual. En 1094 Raimundo exerce o seu dominio sobre a cidade de Zamora e máis tarde aparece conquistando ou repoboando núcleos tan salientables como Ávila, Segovia e Salamanca.
Os seus éxitos guerreiros víronse embazados pola derrota en Malagón fronte aos Almorábides, porén conseguiu consolidar as fronteiras.
Nace unha dinastía real [editar]
A súa morte prematura non impediu que con el nacese a estirpe real borgoñoa. Diego Xelmírez e o conde Pedro Froilaz de Traba, os novos señores de Galicia, defenderán os dereitos do seu fillo Afonso Raimúndez. Proclamarano rei de Galicia en 1111 e porán as bases para o seu ascenso á dignidade imperial leonesa como Afonso VII. Ata os Trastámara os reis de Castela e León son de directa descendencia borgoñoa.
O seu sartego está no Panteón Real da capela das reliquias da catedral de Santiago de Compostela.
|
Raimundo de Borgoña
Nacemento: 1059 Falecemento: 24 de Maio 1107
|
||
| Outros títulos Nobiliarios | ||
|---|---|---|
| Precedido por Novo título |
Conde de Galicia 1096–1107 |
Sucedido por Urraca |
| Títulos Honoríficos | ||
| Precedido por Nova titulación |
Emperador de toda Galicia 1096–1107 |
Sucedido por Urraca |