Fernando III de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura de Fernando III.

Fernando III de Castela, alcumado o Santo, nado no mosteiro de Valparaíso (Peleas de Arriba, provincia de Zamora) o 5 de agosto de 1199 e finado en Sevilla o 30 de maio de 1252, foi rei de Castela e Toledo desde 1217, rei de Galiza e de León desde 1230, e Conde de Aumale por casamento desde 1235, até a súa morte.

Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.

Subida ao trono de Castela[editar | editar a fonte]

Fernando era fillo de Afonso IX e de Berenguela, infanta e raiña de Castela (tamén chamada Berengaria). Naceu no Mosteiro de Valparaíso en Peleas de Arriba (Zamora) en agosto de 1201. En 1204, o casamento dos seus pais foi anulado polo Papa Inocencio III por motivos de consanguinidade, e Berengaria levou os fillos para a corte de Castela.

Após a morte do seu tío Henrique I de Castela (1204-1217), con apenas 13 anos de idade, só sobreviviran algunhas irmás de Henrique. Berenguela, que fora rexente do irmán de 1214 a 1217, foi aclamada raíña de Castela só un mes após a morte deste. Mas logo após ser coroada abdicou en favor do seu fillo home mais vello, Fernando, entón apenas con 16 anos.

O pai de Fernando, o rei Afonso IX de León, que outrora fora casado con Berenguela e tivera o matrimonio anulado en 1204 debido á consanguinidade, ambicionaba ser rei de Castela por ser neto de Afonso VII de León e Castela. Apoiado pola poderosa familia Lara e outros nobres descontentes, proclamou guerra aberta a Castela.

Berenguela pasou entón a conselleira do rei. Axudou a subxugar os nobres rebeldes e despois combinou o casamento, celebrado en 1219, de Fernando cunha esposa digna dese monarca novo, e dunha familia politicamente útil. A escollida foi Isabel de Hohenstaufen, coñecida en Castela como Beatriz da Suabia (1202-1235), filla de Irene Anxelina de Constantinopla e de Filipe, duque da Suabia, rei da Xermania e rei dos Romanos, neta do emperador xermánico Frederico Barbaruiva.

Despois de vencer os nobres rebeldes, o conflito con León acabou por ser resolvido con unhas treguas tratadas polo rei Afonso IX e a súa antiga esposa.

Unión persoal de León e Castela[editar | editar a fonte]

Armas unidas da Coroa de Castela-Toledo e León-Galiza, usadas pola primeira vez por Fernando III.

En 1230, o monarca de León faleceu. Tiña desherdado Fernando e, no seu testamento, legado o reino ás infantas Sancha e Aldonza, ou Dulce, fillas do seu primeiro casamento coa súa prima Teresa, infanta de Portugal.

Fernando e a raíña-nai ambicionaban obter a coroa de León e volver unir os dous reinos, separados en 1157 coa morte de Afonso VII de León e Castela. Para tal, reuníronse na cidade portuguesa de Valença as dúas mulleres de Afonso IX de León, Teresa de Portugal e Berenguela, coas infantas Sancha e Dulce, para selaren un acordo.

Sancha e Dulce renunciaron á coroa de León, en troca de unha renda de 30 mil marabedís e outros privilexios. Polo Tratado das Tercerias, a unión persoal das dúas coroas foi restaurada definitivamente na persoa do rei Fernando III, o Santo, e na dos seus sucesores, pasando Castela a deter a hexemonía na Hispania.

Coa morte de Beatriz da Suabia en 1235, Fernando casou pola segunda vez en 1237 con Xoana d'Aumale, condesa de Ponthieu (1210-1279), filla de Maria de Belleme, señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'Aumale.

Reconquista e santidade[editar | editar a fonte]

Fernando recuperou o esforzo castelán de reconquista. Tomou grande parte de Al-Andalus, excepto os reinos de Granada e Niebla. Desde 1219, combinaba as accións diplomáticas con intervencións bélicas e aproveitaba as discordias existentes entre as taifas para submeter os pequenos reinos ao seu poder.

As súas maiores conquistas foron Baeza (1227), Úbeda (1233), Córdoba (1236), Murcia (1241), Xaén (1246) e Sevilla (1248). En 1244, polo Tratado de Almizra, repartiu as novas terras conquistadas entre as ordes militares, o clero e a nobreza, o que deu lugar mais tarde á formación dos latifundios da rexión.

Despois da tomada de Córdoba, o Santo ordenou a adopción do Liber Iudiciorum (dereito visigótico) pelos seus cidadáns, e mandou traducilo, mesmo que con algúns erros, para o castelán. Tamén axudou a desenvolver a Universidade de Salamanca e fundou a actual Catedral de Burgos.

Mapa político da Península Ibérica en 1360. As fronteiras de León e Castela (a vermello) e do reino mouro de Granada (a castaño) son basicamente as estabelecidas por Fernando III.

Foi un patrón das novas ordes de frades, que diferían dos monxes por teren un maior envolvemento co mundo secular, en detrimento do illamento dos últimos en mosteiros. Encanto que os beneditinos, cistercenses e clunicenses xa participaran activamente da Reconquista cristiá, Fernando III introduciu os dominicanos, franciscanos, Trinitarianos e mercedarios en Andalucía.

Malia ter determinado así o futuro da relixión na rexión, tería encoraxado a convivencia dos seus súbditos de diferentes fes, que tería a súa expresión máxima na capital cultural de Toledo.

No entanto, importa contextualizar esta convivencia no seu local e época. Non se trataba dunha convivencia intercultural á luz da moral dos días de hoxe. Había discriminación racial e relixiosa. Unha curiosa expresión naceu durante este período: tomar las de Villadiego en español (en galego ou portuguésdar às de Vila Diogo), que significa fuxir. A explicación desta expresión non é unha verdade histórica indiscutíbel, mas reflicte un pouco do pensamento e do preconcepto anti-semita da época.

A tradición conta que Fernando III concedeu o dereito de os xudeus de Villadiego non seren perseguidos. Había, no entanto, unha contrapartida: tiñan que usar calzas (os cristiáns usaban calzóns) para garantiren os seus privilexios. Os xudeus de Burgos ou de Toledo non tiñan tais privilexios e, logo que perseguidos, abandonaban todo o que tiñan e fuxían para Villadiego (por aportuguesamento, Vila Diogo). Nesta localidade, éranlles ofrecidas calzas para escaparen aos perseguidores, mas con un prezo: eran forzados a pagar un tributo aos xudeus locais.

Fernando faleceu en Sevilla o 30 de maio de 1252, con 51 anos. Estaba na compaña dos seus fillos tidos con Beatriz (excepto Berengaria e Sancho), dos tres fillos do seu segundo casamento e aínda da súa segunda esposa, Xoana d'Aumalle.

O seu corpo foi sepultado na catedral da cidade (antiga Grande Mesquita), e o seu túmulo foi inscrito en catro linguas diferentes: castelán, latín, árabe e hebraico. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén, pola súa forte devoción a Cristo.

Foi o primeiro rei español en ser canonizado, en 1671 polo Papa Clemente X, e pasou o santoral como San Fernando . É o padroeiro de varios locais do antigo imperio colonial español, e de Sevilla, onde súa efixie está incluída tanto no escudo da cidade e da provincia, como do Sevilla Fútbol Club.

Capa de unha edición do Liber Iudiciorum de 1600

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do primeiro casamento con Beatriz da Suabia, ea 1219, naceron:

Do segundo casamento con Xoana d'Aumale, en 1237, naceron:



Fernando III de Castela
Nacemento: 5 de Agosto 1199 Falecemento: 30 de Maio 1252


Títulos Reais
Precedido por
Henrique I


Rei de Castela
1217 - 30 de maio de 1252
Sucedido  por
Afonso X
Rei de Toledo
1217– 30 de maio de 1252
Precedido por
Afonso IX


Rei de Galiza
1230– 30 de maio de 1252
Rei de León
1230– 30 de maio de 1252
Precedido por
Novo título


Rei de Córdoba
1236– 30 de maio de 1252
Precedido por
Ibn Hud al-Dawla


Rei de Murcia
1243– 30 de maio de 1252
Precedido por
Novo título


Rei de Xaén
1246– 30 de maio de 1252
Precedido por
Novo título


Rei de Sevilla
1247– 30 de maio de 1252
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Simon


Conde de Aumale
1237- 30 de maio de 1252
Sucedido  por
Xoan
Precedido por
Maria


Conde de Ponthieu
1251- 30 de maio de 1252

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]