Uro (automoción)
Uro é unha compañía galega construtora de camións e vehículos militares con sede en Santiago de Compostela. A compañía matriz de Uro, Urovesa, naceu en 1981 da man de ex-empregados da marca galega IPV.
Traxectoria [editar]
En pouco tempo convertéronse no principal construtor de motobombas 4x4 e camións de obra no mercado español[Cómpre referencia]. Desde 1984 están certificado polo Exército Español, que nestes momentos mercou preto dun milleiro de vehículos URO, incluíndo o VAMTAC (Vehículo de Alta Mobilidade) un 4x4 de grande tamaño equipado cun motor diésel de 190 Steyr. O resto de produtos Uro van equipados con motores Iveco.
Os VAMTACs do Exército Español foron despregados en diferentes zonas de conflito coma Iraq, Afganistán e o Líbano.
O Exército Real de Marrocos ten encargados 1200 VAMTACs e 800 camións Iveco por un valor total de 200 millóns de euros.
Desde 1991 unha filial de Urovesa, Uromac, fabrica en Castropol pequenos vehículos todoterreo para o Exército Español.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||