Casa da Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da parra, Praza da Quintana.

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

[editar] Historia e características

No século XX foi obxecto de reformas, no que se lle engadiu a balaustrada superior e un piso máis. Destaca a decoración a base de acios que enmarcan as portas inferior e superior do lado dereito e dan nome á casa, así como as ménsulas e os canzorros labrados na parte inferior do balcón e a monumental cheminea. Tamén ten unha representación do home verde. Na actualidade funciona como sala de exposicións adicada a autores galegos e sede do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

No balcón da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas