Arquivolta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unna arquivolta é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das portadas medievais no seu paramento exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na imposta. Adoitan arrincar dunha xamba do pórtico e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na arquitectura románica e na arquitectura gótica.

É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axedrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de medio vulto (Santos, Apóstolos, etc.). O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo magnífico de arquivoltas.

Dous exemplos do arranque de arquivoltas do románico e outros dous de arquivoltas do gótico


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría