Sé episcopal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A sé episcopal (do latín sedem, cadeira) é o trono (cátedra) dun bispo. No sentido máis estrito, a sé episcopal (un epíscopo é un bispo) refírese á catedral dun bispo. Os termos sé diocesana e sé arquidiocesana teñen o mesmo significado, aínda que especifican o rango da xurisdición na xerarquía da igrexa á que pertenzan.

Por extensión emprégase a palabra para denominar ao pobo ou a cidade onde estea a catedral. Por exemplo, usando o sentido estrito, a sé da Arquidiocese de Westminster en Inglaterra, é a catedral de Westminster, pero nun sentido máis amplo, esa mesma sede é a cidade de Londres, onde se localiza a catedral. Ás veces, mesmo se usa, erroneamente, este termo para referirse a toda a diocese, aínda que esta cubra máis dun pobo ou cidade; os termos correctos, diocese e arquidiocese, cobren este significado con maior precisión.

Un caso especial é a Santa Sé, que na Igrexa católica refírese á oficina papal, ou á cidade do Vaticano en xeral.

O termo vese con maior frecuencia nas Igrexas Católica e anglicana, aínda que tamén se emprega nalgunhas igrexas luteranas.