Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado en Lugo en 1986, foi un escritor galego. Coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor de 1963
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Higinio Fernández de la Vega Pasarín. En 1930 comezou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois de catro anos foi rematala a Madrid. Pouco despois de realizar os últimos exames foi mobilizado e combateu no bando nacional.
Rematado o conflito, comezou a preparar as oposicións a técnico da Administración, que gañou en 1940, e foi destinado ao Goberno Civil de Lugo. Alí foi asiduo de varios parladoiros con Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antonio Figueroa, Luciano Penedo e Ramón Piñeiro. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e colaborou en publicacións como El Progreso, La Noche, Grial ou Galicia Emigrante.
Fernández de la Vega tratou de pór en valor o que entendía como características fundamentais do ser galego: a saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo. Importante obras súas que tratan estes temas son Abrente e Solpor da Paisaxe de 1958 e mais O segredo do humor. Foi autor de numerosos artigos xornalísticos.
O humor, segundo a concepción do autor estaba entre medias do lado serio do cómico e o ridículo do serio, sendo segundo Fernández de la Vega o humorista máis relevante das literaturas hispánicas do século XX o nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Obra [editar]
Ensaio [editar]
Traducións [editar]
- Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, con Ramón Piñeiro, 1951, Galaxia, desde o alemán.
- Da esencia da verdade, de Martin Heidegger, con Ramón Piñeiro, Galaxia, desde o alemán.