Diocese católica latina de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diocese católica latina de Ourense
Datos xerais
Sufragánea de Santiago de Compostela
Xerarquía
Papa Francisco
Bispo Leonardo Lemos
Outros datos
Dioceses con nome.PNG
Localización da diocese de Ourense.

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sede territorial galega da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet[1].

Xurisdición[editar | editar a fonte]

A diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na Catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.

Historia[editar | editar a fonte]

Moitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.

Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da Arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.

Os límites da diocese foron modificados, na parte que lindaba coa Diocese de Tui-Vigo, en outubro de 1954 para facelos coincidir aproximadamente cos da provincia administrativa.

Datos[editar | editar a fonte]

A finais de 2004 había 314.107 bautizados, sobre unha poboación de 315.407 persoas, o 99,6 % do total.

ano poboación sacerdotes diáconos relixiosos parroquias
bautizados total % total clero
secular
clero
regular
bautizados por
sacerdote
homes mulleres
1950 408.565 410.260 99,6 572 520 52 714 85 263 684
1970 380.335 381.061 99,8 634 560 74 599 109 504 656
1980 385.200 386.000 99,8 558 480 78 690 124 351 734
1990 316.513 317.628 99,6 482 427 55 656 89 315 737
1999 311.715 312.450 99,8 420 379 41 742 109 358 735
2000 311.670 312.400 99,8 412 372 40 756 117 354 735
2001 310.795 311.530 99,8 404 366 38 769 101 349 735
2002 311.652 312.400 99,8 396 359 37 787 97 346 735
2003 314.107 315.407 99,6 396 360 36 793 97 357 735
2004 314.107 315.407 99,6 393 358 35 799 79 352 735

Lista de bispos[editar | editar a fonte]

Estes foron os bispos da diocese ao longo da historia:

Bispos primitivos[editar | editar a fonte]

  • Vitimiro de Ourense ou Güitimiro (ca. 570)
  • Lupato (ca. 589)
  • Theodoro (ca. 610)
  • David (ca. 633 a 638)
  • Gaudisteo (ca. 646 a 650)
  • Somna (ca. 653 a 655)
  • Alario ou Hilario (ca. 675 a 683)
  • Maydo (ca. 802)
  • Adulfo (c. 820)
  • Sebastián (877-881)
  • Genserico (ca. 884)
  • Sumna (886-890)
  • Egila (ca. 900)
  • Estevo (ca. 905)
  • San Asurio (ca. 915-922)
  • Diego I (942-958)
  • Fredulfo (962)
  • Gonzalo (964)
  • Diego II (974-977)
  • Vimarano (ca. 986)

Bispos dependentes da arquidiocese de Braga[editar | editar a fonte]

Bispos dependentes da arquidiocese de Compostela[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]