Centro Galego de Arte Contemporánea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CGAC
Siza Konpostelan.JPG
Coordenadas 42°52′58″N 8°32′22″W / 42.882662°N 8.53944°W / 42.882662; -8.53944
País Galicia, España
Cidade Santiago de Compostela
Tipo Arte contemporánea
Director Miguel Van Hofe Cunha Pérez
Inauguración 1993
Horario Aberto de 11 a 20 h. Luns pechado
Enderezo R/ Valle Inclán
Número telefónico 981 54 66 19
Sitio web cgac.org
Jürgen Partenheimer, Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, Santiago de Compostela, 1999

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.

Índice

[editar] A institución

O CGAC creouse ao amparo competencial do artigo 27.19º do Estatuto de Autonomía para Galiza e mediante o Decreto 308/1989. Foi inaugurado no ano 1993, cunha exposición antolóxica de Maruxa Mallo, e conta con programación estable dende 1995.

Ten como obxectivos e funcións principais os seguintes:

  1. Promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea.
  2. Garantir a protección, conservación e restauración das obras artísticas que o integran.
  3. Exhibir coleccións para a súa contemplación e estudo.
  4. Desenvolver programas de exposicións temporais de arte contemporánea.
  5. Fomentar o acceso ás coleccións dos visitantes.
  6. Configurar un fondo bibliográfico e documental.
  7. Desenvolver as actividades didácticas respecto ós seus contidos.
  8. Estudo e ditames técnicos que lles sexan requiridos.
  9. Formación e perfeccionamento de persoal especializado en arte contemporánea.
  10. Desenvolve-los programas de investigación e elaborar e publicar catálogos e monografías.
  11. Establecer relacións de cooperación e colaboración con outras institucións.
  12. Desenvolver accións conxuntas con outras entidades.

A súa colección de arte contemporánea está composta polos fondos da Xunta de Galiza, polos fondos que adquiriu o propio centro, e os procedentes de depósitos ou doazóns. Destaca a súa inclusión de obras de artistas galegos en continuo diálogo coa creación artística do resto do estado e a do ámbito internacional.

Na actualidade a súa regulamentación está dirixida polo seguintes órganos reitores:

  1. O padroado.
  2. A Dirección do Centro.
  3. A xerencia.

A Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea foi exercida dende a súa fundación polas seguintes persoas:

Pertence na actualidade á estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. O seu horario de apertura é de martes a domingo de 11 horas a 20 horas. O enderezo Rúa Valle Inclán, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto: 981 54 66 29. O prezo de entrada é gratuíto.

[editar] O edificio

Atópase no límite da cidade monumental de Santiago de Compostela, nun espazo no que comparte veciñanza do convento de San Domingos de Bonaval, onde se atopa o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego, lembranza etnográfica da nosa historia. Tamén a recuperación do parque de San Domingos no espazo contiguo ó Centro Galego de Arte Contemporánea, respecta a distribución da antiga horta do convento, coa sucesión de socalcos, solución galaica ó aproveitamento do desnivel do terreo para a utilización agrícola.

Deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 1933), veu resolver con acerto e brillantez a posta en valor dunha parte de Santiago de Compostela degradada uns anos atrás cando se abriu a Rúa Valle Inclán, feito que desarticulou o equilibrio do conxunto histórico da zona.

A construción é respectuosa co entorno é ven complementar os espazos arquitectónicos xerados polas fachadas do convento e a Igrexa de San Domingos de Bonaval, e ó mesmo tempo, achega unha nova fachada á nova rúa.

A estrutura do seu interior como un grande espazo, onde os xogos de volumes das salas, os pequenos detalles escultóricos da terraza ou a presenza da luz exterior, fan do conxunto un capricho para que o visitante deguste en cada paso polo seu interior. Conta con varias salas de exposicións permanentes e temporais, obradoiros, auditorio, biblioteca, cafetaría como de uso público, e a zona de despachos de uso dos servizos administrativos do Centro.

Salientar a sala denominada "dobre espazo", entre a planta baixa e a planta de exposición permanente, o seu vestíbulo de recepción e distribución, a terraza, etcétera. Todas van sorprendendo ao visitante pola singularidade e á vez por ir conectándose unhas coas outras, coma nun máxico labirinto.

Os materiais empregados na construción respectan os propios e definitorios da cidade de Santiago de Compostela, pedra e cristal nas fachadas, e no interior mármore e madeira. A adecuación ó lugar onde se constrúe e ao seu clima, xunto a corrección co entorno, son as máximas desenvolvidas pola arquitecto na preparación deste proxecto.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas