Colexio de San Clemente
O Colexio de San Clemente é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela (Galiza, España), nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura.
Índice |
[editar] Historia
Foi fundado polo arcebispo Juan de Sanclemente, en 1601, para Pasantes ou Graduados, a fin de que puidesen ampliar estudos aqueles que remataran a carreira; aínda que non iniciou as súas funcións até 1630. Desde os primeiros momentos, a aparición deste novo colexio, despertou a animadversión do de Fonseca. As desputas entre ambos polo título de único colexio maior de Santiago foron apresentadas perante a xustiza real, e só, en 1730, un decreto do rei Filipe V coutou a desavinza ao conceder o título de "maior" exclusivamente a Fonseca. O Colexio de San Clemente desapareceu como tal en 1809.
A obra debeu ser encargada a Ginés Martínez, segundo aduciu Bonet Correa, e foi executada entre 1607 e 1609 por Xácome Fernández e máis Leonel de Avalle, estando Martínez xa ausente de Santiago, en estilo maneirista. O lugar onde se ergueu formaba parte naquela altura da carballeira de Santa Susana, estando por iso fóra do casco urbano compostelán - a porta máis cercana sería a devandita Faxeira.
[editar] Descrición
Martínez adoptou un plano rectangular, con patio central, levantando unha edificación, de dous corpos en altura, sobria de liñas rectas, que só rompe na portada, artellada de xeito similar á do Colexio de Fonseca - o que debeu contituír un consello do comitente -, mais con menos elementos decorativos, seguido unha organización de tipo arco de triunfo, máis con uso de elementos clasicistas: nichos coroados por frontonciños, ou con semibóvedas; columnas clasicistas nos laterais; frontón triangular que remata o conxunto. Porén o uso de pedestais e zapatas, arquitrabes e cornixas salientes, outorga certa mobilidade e xogos de sombras, que son máis característicos do maneirismo.
[editar] Uso actual
Actualmente acolle o IES "Rosalía de Castro", e era até hai uns poucos o "instituto feminino" de Santiago, nome con que aínda é coñecido popularmente.
[editar] Bibliografía
- Bonet Correa, Antonio, La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid. 1965
- Chamoso Lamas, Santiago de Compostela. A Coruña. 1980
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||