Orde de Cluny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abadía de Cluny

A Orde de Cluny é unha orde bieita da Igrexa Católica que se creou o 11 de setembro de 909, despois de que Guillerme I de Aquitania doara a vila de Cluny ao papado para fundar un mosteiro de doce freires; segundo a carta de fundación eran eles os que debían elixir ao abade.

En Cluny adoptouse a regra de San Bieito, reformada por Bieito de Aniane, que buscaba a observancia dunha vida espiritual intensa de cada monxe individual e que daba moita importancia á liturxia. Berno foi o primeiro abade, e á súa morte no ano 927 substituiuno Odón e o prestixio da abadía esténdese por outros mosteiros franceses que adoptan a súa regra.

Na Alta Idade Media ten lugar o punto máis álxido do seu desenvolvemento. No século XII entre 1.400 e 2.000 mosteiros, dende Polonia ata Inglaterra, rexíanse pola regra cluniacense e aceptaban a autoridade e xurisdición do abade de Cluny. Entre 1088 e 1124 os papas pertenceron á Orde.

A orde entrou na Península Ibérica no século XI por medio de doazóns de Sancho III O Maior de mosteiros no trazado do Camiño de Santiago, política que continuaron outros reis e señores peninsulares. En Galicia o nobre Iñigo Vermúdez doou o mosteiro de San Salvador de Vilafrío á orde no ano 1075.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]