Diocese de Dumio
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese galega sita no actual Norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.
Destaca a figura de Martiño de Dumio que no ano 558 durante o reinado de Carriarico en Galiza, conseguía que Dumio fose elevada á dignidade episcopal, tornando a igrexa en catedral e constituíndo formalmente o bispado de Dumio con dominio directo sobre o territorio dependente do mosteiro.
Coa caída da monarquía visigoda e a conquista de Toledo por parte dos musulmáns, o último prelado acolleuse no norte de Galicia na antiga sé de Britonia, aínda que titularmente permanecesen bispos de Dumio. Coa toma militar das prazas musulmás tempo despois o pequeno territorio da diocese de Dumio foi incorporado na diocese de Braga.
Actualmente, o título de bispo titular de Dumio continúa a ser usado por bispos auxiliares, á semellanza do que sucede con outras dioceses históricas de Portugal extinguidas.