Estadio de Atletismo da USC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio de Atletismo da USC
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela
Estadio
PropietarioUniversidade de Santiago de Compostela
LocalíaUSC
Eventos
62º Campionato de España de Atletismo - 1982

O Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido como Stadium de La Residencia nos seus primeiros anos de existencia (foi construído en 1936), é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, situado no Campus Vida da USC, a carón do Pavillón Universitario, e rodeado polo edificio Monte da Condesa, o Colexio Maior Fonseca, o Observatorio astronómico Ramón María Aller, e polo edificio do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Instalacións[editar | editar a fonte]

As instalacións do recinto están compostas pola pista de atletismo de 400 metros e 8 carreiros, os corredores para as prácticas de saltos (con pértega, de lonxitude e triplo salto), as zonas para as prácticas de lanzamentos de xavelina e de peso, e unha gaiola para as prácticas de lanzamentos de disco ou martelo. O estadio ten unha única tribuna cuberta, cos vestiarios ós lados, e baixo a tribuna están as zonas de quecemento de material sintético. A pista de atletismo está homologada pola Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais, sendo o único recinto que ten esta homologación na capital galega, xa que a pista de atletismo do Estadio Multiúsos de San Lázaro é apta para adestrar pero non é regulamentaria.

Campionato de España de Atletismo 1982[editar | editar a fonte]

Os días 6, 7 e 8 de agosto de 1982 disputouse neste estadio a 62ª edición do Campionato de España de Atletismo.[1] Ata a actualidade Galicia só acolleu outras 4 veces este evento, 2 veces na Coruña (en Riazor), e 2 veces en Vigo (en Balaídos e Coia).

Nas seguintes 2 táboas amósanse as marcas que acadaron o gañadores das diversas probas de atletismo do campionato de España de 1982:

Homes
Proba Gañador Marca
100 m Javier Martínez 10,91 seg
200 m Ángel Heras 21,68 seg
400 m Benjamín González 46,56 seg
800 m Colomán Trabado 1' 50,18 seg
1.500 m Jose Manuel Abascal 3' 37,97 seg
5.000 m Antonio Campos 14' 00,74 seg
110 m v. Javier Moracho 13,98 seg
400 m v. Marceliano Ruíz 51,98 seg
3.000 m o. Domingo Ramón 8' 27,07 seg
altura Roberto Cabrejas 2,20 m
pértega Alberto Ruíz 5,20 m
lonxitude Antonio Corgos 8,16 m
triplo Ramón Cid 16,38 m
peso Martín Vara 17,20 m
disco Sinesio Garrachón 54,94 m
martelo Raúl Jimeno 65,70 m
xavelina Augusto Lao 70,78 m
20 km m. Francisco Botonero 1h 31' 46,1 seg
Mulleres
Proba Gañador Marca
100 m Teresa Rioné 12,36 seg
200 m Teresa Rioné 25,18 seg
400 m Montserrat Pujol 54,90 seg
800 m Mayte Zúñiga 2' 12,65 seg
1.500 m Mercedes Calleja 4' 24,13 seg
3.000 m Pilar Fernández 9' 26,22 seg
110 m v. María José Martínez 14,30 seg
400 m v. Rosa Colorado 1' 00,20 seg
altura Isabel Mozún 1,80 m
lonxitude Olga Dalmau 6,28 m
peso Enriqueta Díaz 12,80 m
disco Encarnación Gambús 48,56 m
xavelina Natividad Vizcaíno 48,60 m
5 km m. Teresa Palacio 25' 43,59 seg

v. = vallas; o. = obstáculos; m. = marcha.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]