Piar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piares compostos da nave central da Catedral de Santiago

En enxeñería e arquitectura un piar ou esteo é un elemento vertical (normalmente de sección cadrada) sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que, a diferenza da columna, ten sección poligonal. O máis frecuente é que sexa cadrado ou rectangular, pero pode ser tamén octogonal. Prioriza a súa capacidade portante, polo cal proxéctanse con liberdade de formas.

Na construción contemporánea é o elemento predominante para transmitir cargas verticais, podendo estar realizado en diversos materiais: bloques de fábrica, formigón armado, aceiro, madeira, etc.

Os piares reciben ás trabes que compón os forxados transmitindo a través destas as cargas que afectan a toda a área de influencia do piar. En forxados sen vigas a transmisión prodúcese a través dun ábaco.

A área da súa sección ven dada principalmente pola carga de pandeo e o momento flector que o piar deba soportar. Ás veces, e a imitación da columna, pode presentar tamén tres partes: base, fuste e chapitel. Se en lugar de exento vai acaroado ao muro denomínase piastra. Tamén pódese presentar en grupo, xunto con columnas, conformando o chamado piar composto.

Os esteos empréganse en construcións coma as viñas, as casas ou os hórreos para permitir vans maiores e tabiques que non sexan de carga.



Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría