Miguel Payá y Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Payá y Rico
Miguel Payá y Rico - 1885 - Román Navarro.jpg

Retrato do Cardeal Payá, por Román Navarro, propiedade da Deputación da Coruña.[1]
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 20 de decembro de 1811 en Beneixama, provincia de Alacant
Pasamento 24 de decembro de 1891 en Toledo
Ordes
Ordenación sacerdotal 24 de setembro de 1836
Consagración episcopal 12 de setembro de 1858, por Pablo García Abella
Creado cardeal 12 de marzo de 1877
Arcebispo de Toledo
Patriarca das Indias Occidentais
Cardeal-Presbítero de Santi Quirico e Giulitta
1886 - 1891
Predecesor Zeferino González y Díaz Tuñón
Sucesor Antolín Monescillo y Viso
Cargos anteriores Bispo de Cuenca (1858-1874)
Arcebispo de Santiago de Compostela (1874-1886)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Miguel Payá y Rico, nado en Beneixama (Alacant) o 20 de decembro de 1811 e finado en Toledo o 24 de decembro de 1891, foi un cardeal da Igrexa Católica. Bispo de Cuenca e Arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Onil, de onde era a súa familia. En València fixo o bacharelato, e estudou Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico, na Universitat de València e no Seminario Conciliar, sendo posteriormente profesor de Dereito Canónico.

En 1836 foi ordenado sacerdote, e en 1841 foi nomeado reitor da parroquia da súa vila, Beneixama. Nese período iniciouse a construción da igrexa. En 1844 regresou a València como profesor da Universidade e do Seminario. En 1848 foi nomeado capelán maior da Confraría da Nosa Señora do Milagre e comezou a dirixir o periódico El Eco de la Religión, onde publicou artigos contra a liberdade relixiosa propugnada polos sectores liberais.

Acadou por oposición a canonxia lectoral da Catedral de València, onde prestou servizo até ser nomeado bispo de Cuenca o 5 de marzo de 1858. Foi consagrado bispo na catedral de València o 12 de setembro dese mesmo ano.

En 1870 participou no Concilio Vaticano I cunha disertación en defensa da infalibilidade pontificia, prerrogativa que finalmente sería aprobada. O discurso, que contribuíu a elevar a súa fama como teólogo, foi publicado en Cuenca en 1873.

En 1871 e 1877 foi elixido senador pola circunscrición de Biscaia.

Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, fundado por Payá y Rico.

O 16 de xaneiro de 1874 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, tomando posesión o 25 de febreiro de 1875. Propulsou a restauración da catedral, posibilitando que se atopasen os restos do Apóstolo Santiago, escondidos no século XVI por temor ás incursións de Francis Drake nas costas galegas. Durante unhas obras no altar maior, tras perforar una bóveda o 28 de xaneiro de 1879 atopouse unha furna con ósos humanos. Payá encargou á universidade compostelá a análise dos restos. En 1884 o papa León XIII, por medio da Bula Deus Omnipotens, anunciou o descubrimento dos restos do Apóstolo, retomando a tradición das peregrinacións a Compostela.

O 12 de marzo de 1877 o papa Pío IX nomeouno cardeal co título de Ss. Quirico e Giulitta, e como tal interviu no conclave de 1878, no que se elixiu o papa León XIII.

En 1885 fundou o Hospital psiquiátrico de Conxo, tras recuperar o antigo convento logo da súa desamortización a mediados do século XIX.

O 7 de xuño de 1886 foi nomeado arcebispo de Toledo, Primado de España e Patriarca das Indias Occidentais. Nese mesmo ano bautizou ao rei Afonso XIII.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Fermín Sánchez Artesoro
Bispo de Cuenca
25 de xuño de 1858 - 16 de xaneiro de 1874
Sucesor:
Sebastián Herrero Espinosa de los Monteros
Predecesor:
Miguel García Cuesta
Arcebispo de Santiago de Compostela
16 de xaneiro de 1874 - 7 de xuño de 1886
Sucesor:
Victoriano Guisasola Rodríguez
Predecesor:
Zeferino González
Arcebispo de Toledo
7 de xuño de 1886 - 25 de decembro de 1891
Sucesor:
Antolín Monescillo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Payá y Rico Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • EGU, Payá i Rico, Miquel.
  • GEG, Payá y Rico, Miguel.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]