Cineuropa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.

[editar] Características

A primeira edición tivo lugar en 1987, e celebrouse anualmente agás en 1995. Á edición de 2011 presentáronse máis dun cento de filmes en cinco salas distintas da cidade: o Teatro Principal, Salón Teatro, a Sede da Fundación Nova Caixa Galicia-CSM, o Auditorio de Galicia e mais o CGAC.

Amais da sección oficial, conta con diferentes ciclos que varían cada ano, e con actividades paralelas como obradoiros para crianzas, mesas de debate ou conferencias.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas