Aharón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o personaxe bíblico, para o antropónimo vexa Aarón (antroponimia).
Aharón e Moisés perante o faraón, 1537.

Aharón (אהרן en hebreo), nado en Exipto, foi un personaxe bíblico.

Fillo máis vello de Amram e Ioquébed, irmán maior de Moisés, casado con Elixeba, tivo catro fillos: Nadab, Abihú, Itamar e Elazar. Segundo a tradición foi o primeiro Gran Sacerdote (levita) de Israel por elección divina xunto cos seus fillos. Actuou como voceiro de Moisés, por ser de verba fácil, aínda que mentres Moisés recibía as Táboas da Lei, Aharón fabricou o becerro de ouro a petición do pobo hebreo.

Morreu na Montaña de Deus (Horeb) á idade de 123 anos(Éx. 4:27), sen chegar á Terra prometida.

No Corán aparece baixo a forma de Harún. Outras variantes en galego son Arón e Aarón.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aarón