Berenguel de Landoria
Bérengar de Landore coñecido como Berenguel de Landoria ou de Landoira, nado no sur de Francia[1] en 1262 e finado en 1330, foi un relixioso francés, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1317 e a súa morte.
Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.
Índice |
Traxectoria[editar]
Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con gran éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos[2].iniciou a tendencia cara o tomismo na orde dominica[3] e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain[4]. Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Xacobe da Voraxine.[5]
O 15 de xullo de 1317, foi nomeado arcebispo de de Santiago de Compostela, aos seus 55 anos. Once meses despois emprende camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. O bispo, tratou de entrar na burgo catro veces das cales 3 foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego.[6] Residiu algun tempo en Noia, [7], onde celebrou un sínodo.[8] O seu triunfo foi cruento.[9] Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.[10]Dedicóuselle unha torre da catedral santiaguesa, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.
| Predecesor: Rodrigo de Padrón |
Arcebispo de Santiago 1317 – 1330 |
Sucesor: Juan II Fernández de Lima |
| Predecesor: Aymericus Giliani |
Mestre Xeral da Orde Dominica 1312 – 1317 |
Sucesor: Hervé de Nédellec |
Obras[editar]
O seu Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium foi impreso en 1482 por Matthias Farinator.
Notas[editar]
- ↑ [1], (en castelán)
- ↑ [2]: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: [3], [4].
- ↑ [5]
- ↑ PDF, p.5, [6].
- ↑ PDF, note p.146.
- ↑ [7], [8], ambos en Francés.
- ↑ [9] (en castelán).
- ↑ [10]
- ↑ It is claimed that Bérengar ordered the assassination in 1320 of Alonso Suárez de Deza[11], o alcalde, e outros concelleiros; após a morte de Alonso houbo serias hostilidades.
- ↑ PDF (Italiano), p.3.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Bibliografía[editar]
- Hechos de Don Berenguel de Landoria, Arzobispo de Santiago: Introducción, Edición Critica y Traducción (1983) Manuel C. Díaz y Díaz, tradución ao castelán da crónica Gesta Berengarii de Landoria archiepiscopi Compostellani.