Conversa:Catedral de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teño idea de que algo de certo hai niso de que a primeira edificación estaba baseada na madeira ou tiña moito de madeira. O que non sei é canto. En http://html.rincondelvago.com/camino-a-santiago-de-compostela.html pon:

Un “arte funcional”. Este arte no está hecho para ser visto, sino para existir y para ser practicado. Toda la técnica románica se podría, en cierto modo, presentar como la solución indefinidamente variada de un único problema arquitectónico: para limitar los daños acusados por los incendios catastróficos, tan frecuentes en la Edad Media, se sustituyó el maderamen por bóvedas de piedra. Pero su excesivo peso tendía a derribar los muros y para evitar esto se recurrió a diversos procedimientos: una nave central apoyada por naves laterales o por tribunas, cuya bóveda en cuarto de esfera quedaba apuntalada en el muro de la nave formando de este modo una especie de contrafuerte continuo; unas bóvedas de medio punto transversales, cuya tensión quedaba retenida por los dos extremos macizos de la entrada y el crucero; o una línea de cúpulas que repartían las fuerzas de empuje entre los cuatro ángulos. Igualmente la decoración románica era funcional. Esculturas, pinturas, herrajes y vidrieras no tenían ningún valor por sí mismas, sino que servían para resaltar o modular la arquitectura.--83.165.110.93 21:20, 3 marzo 2008 (UTC)

  • Unha cousa moi distinta é que a cuberta fose de madeira, moi plausible, en diversos ou na totalidade dos seus tramos e outra ben distinta que a primeira basílica se construise principalmente con madeira. As fontes indirectas que se basean nas escavacións de Chamoso Lamas, falan dunha primeira construción de cachotería de mala calidade e descoñezo outros exemplos en Galicia de achádegos de igrexas construidas en madeira. Lansbricae (Ti dirás) 23:07, 3 marzo 2008 (UTC)

[editar] Esto podería ir neste artigo?

Hai tempo escoitei que había unha hipótese máis ou menos estendida que falaba da posibilidade de que quen está enterrado na Catedral podería ser Prisciliano, curiosamente esta mesma tarde lin nun libro de Historia da Galiza un comentario sobre esta hipótese. Non debería incluírse no artigo? A verdade é que non lin todo, pero a verdade é que non ten trazas de aparecer esta hipótese no artigo. Para min é unha aportación importante (podería ir nun apartado a parte denominado Controversia sobre o sepulcro ou algo así, ou mesmo dentro do apartado de historia), especialmente pola importancia que tivo Prisciliano na Galiza, se credes que debe ir non teño problema en incluír a explicación desta hipótese que atopei, e se alguén se anima a expandilo mellor, de momento non incluirei nada mentres non se acorde. Un saúdo Piquitoconversa 23:54, 5 de agosto do 2011

  • Sempre me pareceu unha elucubración nalgún momento de ocio, pero si, quizais debería incluírse esta teoría no artigo. Iso si, que quede clara a pouca aceptación de historiadores e científicos, non sexa que pareza que lle damos carta de natureza. Anímate, Piquito, a crear esa sección. Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 8 de agosto de 2011 (UTC)
    • Como Piquito seguramente estará de vacacións, adianteime eu no referente á polémica de Prisciliano. Non sei se lle gustará a el, a Lameiro e aos demais usuarios. --XoioÉche o que hai 22:57, 8 de agosto de 2011 (UTC)
Sempre é importante toda información que mellore o punto vista neutral dun artigo, unha das políticas máis importantes de Wikipedia, polo que, o meu entender, aínda que xa se desprenda do texto que co tema do sepulcro e dos restos do apóstolo estamos falando máis dunha mestura de tradición milenaria e de historia, que de rigor científico en sentido estrito, está moi ben engadir o de que non se realizaron probas científicas sobre os restos que se conservan baixo ou altar dá catedral de Compostela, e que a autenticidade dos mesmos foi posta en dúbida en numerosas ocasións, e que hai probas de que Compostela era unha necrópole precristiá pero non soluciona nada con respecto á tumba de Santiago, pero o que xa non parece moi serio é falar da posibilidade de que alí estean os restos de Prisciliano, aínda que se cualifique como unha hipótese "moi popular", cando parece que, como ben di o amigo Lameiro, parece máis unha "elucubración nalgún momento de ocio" sen un apoio cun mínimo de rigor, para sequera mencionalo nun artigo sobre a catedral. Unha forte aperta, Furado 17:56, 23 de agosto de 2011 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas