Lenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha lenda é unha narración, oral ou escrita, de aparencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou imaxinativo. A diferenza dun conto, unha lenda ten un carácter máis trascendente ao transmitir a cosmovisión dun grupo humano que funciona como mito pero que ten unha localización espacial e a miúdo tamén temporal.

Descrición[editar | editar a fonte]

Unha lenda está xeralmente relacionada cunha persoa ou unha comunidade, ou cun monumento, un lugar ou un acontecemento, do cal se pretende explicar a orixe (lendas etiolóxicas). A miúdo agrúpanse en ciclos arredor dun deses temas. Por exemplo, o Ciclo Artúrico, ou o ciclo de lendas arredor de Robin Hood, do Cid Campeador, etc.

Conteñen case sempre un núcleo basicamente histórico, ampliado en maior ou menor grao con episodios imaxinativos. A aparición dos mesmos pode depender de motivacións involuntarias, como erros, malas interpretacións (a chamada etimoloxía popular, por exemplo) ou esaxeracións, ou ben da acción consciente dunha ou máis persoas que, por razóns interesadas ou puramente estéticas, desenvolven o embrión orixinal.

Cando unha lenda presenta elementos tomados doutras lendas falamos de contaminación.

Conceptos relacionados[editar | editar a fonte]

  • Fábulas: as lendas que exceden os limites do que se pode considerar "realista" chámanse fábulas. Así o estilo de Esopo de animais que falan trátase de fábulas e non de lendas. A parábola do "Fillo pródigo" sería unha lenda se se atribuíse a un pai histórico concreto.
  • Haxiografías: as lendas poden transmitirse ben oralmente, de persoa a persoa ou ben como texto escrito. As lendas de santos ou a "Lenda dourada" inclúe unha serie de "vidas" ou narracións biográficas instrutivas, ligadas ao calendario litúrxico da Igrexa Católica. Preséntanse como historias de santos; porén, dada a profusión de milagres, así como o contexto acrítico no que se desenvolven, conférenlle características de haxiografía e non de lenda segundo a acepción actual de lenda, aínda que esta fose a acepción orixinal. Unha lenda pode interpretarse segundo as consecuencias ontolóxicas e tratarse como un mito. Á explicación da orixe dos mitos como antigas lendas históricas dáselle o nome de "euhemerismo", relacionado con Euhemero.
  • As teorías da conspiración: son similares ás lendas en tanto que o seu fundamento é unha conspiración secreta que parece plausible, aínda que totalmente indemostrable, que explica e liga en base a tal patrón conspirativo unha serie de acontecementos que doutro xeito serían totalmente inconexos.
  • Os hoax ou "lendas virtuais", están caracterizados por unha linguaxe tipicamente marcada pola énfase no carácter de emerxencia, na gravidade ou na urxencia do feito, alén do ton emocional ou sensacionalista usados tentando seducir o lector e, incluso, a típica e insistente chamada a que sexa lida polo máximo número posible de persoas. Estes atributos, que moitas vezes se tornan máis evidentes que as propias informacións da mensaxe, se foren ben observados, permitiranos distinguir facilmente uh hoax dunha mensaxe honesta.

Galicia[editar | editar a fonte]

Os investigadores do Seminario de Estudos Galegos foron os primeiros en estudar cientificamente as lendas galegas. Seguindo o seu ronsel traballaron outros investigadores como Leandro Carré, Enrique Chao Espiña e Xesús Taboada Chivite.

Vicente Risco realizou unha clasificación das lendas galegas en tres tipos principais, as de carácter etiolóxico, aquelas destinadas a explicar a orixe dun feito ou dunha cousa; as de carácter haxiográfico, aquelas que fan referencia a algún feito lendario da Virxe ou dos santos; e por último as de carácter histórico.

Lendas dos mouros[editar | editar a fonte]

Crese que a existencia de numerosas lendas atribuídas a mouros, do mesmo xeito que a atribución de construcións megalíticas aos mouros, procede da acepción antiga de mouro con "pagán". No caso das construcións megalíticas é claro que non se refere aos mouros invasores da Península, dada a falta de coexistencia histórica algunha entre tal invasión e os megálitos.

Dinos Francisco Martins Sarmento[1]:

"Os nomes de mouro e pagán tornáronse sinónimos, e, como case sempre sucede no conflito de dous sinónimos, prevaleceu o vocábulo que tiña por si unha realidade obxectiva: o nome abstracto de pagán desaparece, o étnico de mouro fica, substituíndo aquel en todas as súas aplicacións, porén dos mais groseiros anacronismos".

Outras lendas galegas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O que podem ser os mouros da tradição popular Francisco Martins Sarmento. Pantheon, Porto, 1881, Ano I, pp. 105 e 121 [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]