Isabel de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isabel de Aragón (Yzabel na grafía medieval portuguesa), nada en Zaragoza cara a 1270 e finada en Estremoz o 4 de xullo de 1336, foi unha infanta aragonesa e, de 1282 ata 1325, raíña consorte de Portugal. Pasou á historia coa fama de santa, tendo sido beatificada e posteriormente canonizada. Foi popularmente coñecida como Raíña Santa Isabel ou simplemente A Raiña Santa.

Orixes[editar | editar a fonte]

Isabel era a filla máis vella do rei Pedro III de Aragón con Constanza da Sicilia. Por vía materna, era descendente de Federico II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, pois o seu avó materno era Manfredo de Hohhenstauffen, rei da Sicilia, fillo de Federico II.

Tivo cinco irmáns, entre os cales os reis aragoneses Afonso III e Xaime II, ademais doutro monarca reinante, Federico II de Sicilia. Unha tía materna súa foi Santa Isabel da Hungría, tamén considerada santa pola Igrexa Católica.

Casamento[editar | editar a fonte]

A raíña Santa Isabel ao lado de D. Dinís.

D. Dinís I de Portugal tiña 19 anos cando subiu ao trono e pensando en casamento convíñalle Isabel de Aragón. D. Dinís enviou por iso unha embaixada a Pedro de Aragón en 1280. Formábana João Velho, João Martins e Vasco Pires. Cando chegaron, estaban aínda á espera de resposta enviados dos reis de Francia e de Inglaterra, cada un desexoso de casar con Isabel un dos seus fillos. Aragón preferiu entre os pretendentes aquel que xa era rei.

A 11 de febreiro de 1282 con 12 anos , Isabel casou, entón, por poderes co soberano portugués D. Dinis en Barcelona, tendo celebrado a voda ao pasar a fronteira da Beira, en Trancoso, o 26 de xuño do mesmo ano. Por ese motivo, o rei acrecentou esa vila ao dote que habitualmente era entregue ás raíñas (a chamada Casa das Raíñas, conxunto de señoríos a partir dos cales as consortes dos reis portugueses collían as prendas destinadas á manutención da súa persoa.

En 1281 D. Isabel de Aragón recibiu como dote as vilas de Abrantes, Óbidos, Alenquer e Porto de Mós. Posteriormente recibiu tamén os castelos de Vila Viçosa, Monforte, Sintra, Ourém, Feira, Gaia, Lamoso, Nóbrega, Santo Estêvão de Chaves, Monforte de Rio Livre, Portel e Montalegre, ademais das rendas e das vilas de Leiria e Arruda (1300), Torres Novas (1304) e Atouguia da Baleia (1307). Eran aínda seus os reguengos de Gondomar, Rebordões, Codões, ademais dunha quinta en Torres Vedras e da leziria da Atalaia.

Do seu casamento co rei D. Dinis tivo dous fillos:

Raíña da paz[editar | editar a fonte]

Na década de 1320, o infante D. Afonso, herdeiro do trono, sentiu a súa posición ameazada polo favor que o rei D. Dinís demostraba para co seu fillo bastardo, Afonso Sanches. O futuro Afonso IV declarou abertamente a intención de batallar contra o seu pai, o que case se concretaría na chamada batalla de Alvalade. Porén, a intervención da raíña conseguiu serenar os ánimos e pola paz asinada en 1325 nesa mesma poboación dos arredores de Lisboa, foi evitado un conflito armado que tería desestabilizado o reino.

D. Dinís morreu en 1325 e pouco despois da súa morte Isabel recolleuse no entón Convento de Santa Clara-a-Velha en Coimbra, vestindo o hábito da Orde das Clarisas mais non facendo votos, o que lle permitía manter a súa fortuna usada para a caridade. Só volvería saír del unha vez, pouco antes da morte, en 1336.

Nesa altura, Afonso declarou guerra ao seu sobriño, o rei D. Afonso XI de Castela, fillo da infanta Constanza de Portugal e por tanto neto materno de Isabel, polos malos tratos que este inflixía á súa esposa D.ª Maria, filla do rei portugués. Non obstante a súa idade avanzada e a súa doenza, a raíña Santa Isabel dirixiuse a Estremoz, cabalgando na súa mula por días e días, onde unha vez mais se colocou entre dous exércitos desavindos e evitou a guerra. Porén, a paz chegaría só catro anos mais tarde coa intervención da propia María de Portugal, por un tratado asinado en Sevilla en 1339.

Falecemento e legado[editar | editar a fonte]

Isabel faleceu, tocada pola peste, en Estremoz, a 4 de xullo de 1336, tendo deixado expreso no seu testamento o desexo de ser sepultada no Mosteiro de Santa Clara-a-Velha, onde en 1995 foi iniciada unha escavación arqueolóxica, após ter estado por 400 anos parcialmente somerxido polo río Mondego.

Segundo unha historia haxiográfica, sendo a viaxe demorada, había o receo de o cadáver entrara en descomposición acelerada polo calor que facía, e cóntase que a medio da viaxe debaixo dun calor abrasador o ataúde comezou a abrir fendas, polas cales escorría un líquido que todos supuxeran provir da descomposición cadavérica. Cal non foi, porén, a sorpresa cando notaron que en vez do mal cheiro esperado, saía un aroma suavísimo do ataúde. O seu esposo D. Dinís repousa no Mosteiro de São Dinis en Odivelas.

Túmulo da Raíña Santa Isabel por Mestre Pêro no Convento de Santa Clara-a-Nova

Isabel terá sido unha raíña moi piadosa, pasando grande parte do seu tempo en oración e axuda aos pobres. Por iso mesmo, aínda en vida comezou a gozar da reputación de santa, tendo esta fama aumentado tras a súa morte. Foi beatificada polo papa León X en 1516, vindo a ser canonizada, por especial pedido da dinastía filipina, que mostrou grande empeño na súa santificación, polo papa Urbano VIII en 1625. É reverenciada o 4 de xullo, data do seu falecemento.

Coa invasión progresiva do convento de Santa Clara-a-Velha de Coimbra polas augas do rio Mondego, houbo necesidade de construír o novo convento de Santa-Clara-a-Nova no século XVII, para onde se procedeu á translación do corpo da Raíña Santa. O seu corpo encóntrase incorrupto no túmulo de prata e cristal, mandado facer despois da translación para Santa Clara-a-Nova.

No século XVII, a raíña D. Luísa de Gusmão, rexente en nome de seu fillo D. Afonso VI, transformou en capela o cuarto en que a raíña Santa Isabel falecera no castelo de Estremoz.

Actualmente, innumerables escolas e igrexas ostentan o seu nome na súa homenaxe. É aínda padroeira da cidade de Coimbra, cuxo festivo municipal coincide co día da súa memoria (4 de xullo). Alfredo Marceneiro dedicoulle o fado Rainha Santa, con letra de Henrique Rego.

O seu túmulo así como o Mosteiro Novo de Santa Clara (Santa Clara-a-Nova) está confiado á garda da Confraría da Raíña Santa Isabel.

A lenda do milagre das rosas[editar | editar a fonte]

Estatua da Raiña Santa Isabel na igrexa do Palacio Nacional de Mafra.

A historia mais popular da Raiña Santa Isabel é sen dúbida a do milagre das rosas. Porén, este milagre foi orixinalmente atribuído á súa tía avoa Santa Isabel da Hungria. Probabelmente por corrupción da lenda orixinal e polo feito de as dúas raíñas posuíren o mesmo nome e fama de santas, a historia pasou tamén a ser atribuída a Isabel de Aragón.

Segundo a lenda portuguesa, a raíña saíu do Castelo do Sabugal nunha mañá de inverno para distribuír pans aos máis desfavorecidos. Sorprendida polo soberano, que lle inquiriu aonde ia e o que levaba no regazo, a raiña tería exclamado: São rosas, Senhor!. Desconfiado, D. Dinis inquirido: Rosas, no inverno?. D. Isabel expuxo enton o contido do regazo do seu vestido e nel habían rosas, en vez dos pans que ocultara.

A época exacta do aparecimento desta lenda na tradición portuguesa non está determinada. Non consta dunha biografía anónima sobre a raiña escrita no século XIV, mais circularía oralmente polo país nas últimas décadas dese século. O mais antigo rexisto coñecido é un retablo catrocentista conservado no Museu Nacional de Arte da Cataluña.

... levava unha vez a Raiña santa moedas no regazo para dar aos pobres(...) Encontrando-a el-Rei lle perguntou o que levava,(...) ela dise, levo aqui rosas. E rosas viu el-Rei non sendo tempo delas.
Crónica dos Frades Menores, Frei Marcos de Lisboa, 1562

O primeiro rexisto escrito do milagre das rosas encóntrase na Crónica dos Frades Menores. Porén, a tradición popular xerou numerosas variantes: moedas de ouro que se transforman en rosas ou rosas que se transforman en ouro; e a actualmente mais coñecida, do pan en flores.

En mediados do século XVI a lenda xa tiña sido amplamente difundida e foi ilustrada por unha pintura anónima, coñecida por Raiña Santa Isabel, no Museu Machado de Castro de Coimbra, e por unha miniatura da Xenealogia dos Reis de Portugal de Simão Bening sobre deseño de António de Holanda. No século XVII xorden dous traballos anónimos retratando a raiña, a pintura ó óleo no atrio do Instituto de Odivelas e o retablo do Mosteiro do Lorvão.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

A primeira biografía de Isabel de Aragón foi escrita por alguén próximo á raiña, talvez o seu confesor Frei Salvado Martins, bispo de Lamego, ou unha das aias de Santa Clara. É xeralmente coñecida por Lenda ou Relación, mais a pesar de o orixinal se ter perdido, o Museu Machado de Castro conserva unha copia manuscrita e iluminada, co título: Livro que fala da boa vida que fez a Raiña de Portugal, Dona Isabel, e seus bons feitos e milagres en súua vida, e despois da morte.

Esta obra, de natureza haxiográfica, serviu de base ás biografías e crónicas posteriores, incluíndo a Crónica de 1419 e as Crónicas de D. Dinis e de D. Afonso IV, de Rui de Pina. Foi publicada no século XVII por Frei Francisco Brandão, na parte VI da Monarquia Lusitana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel de Aragón
Predecesor:
 
PortugueseFlag1248.svg
Raíña de Portugal

12821325
Sucesor: