Arquidiocese de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Santiago de Compostela
Archidiœcesis Compostellanus
Información xeral
Santiago de Compostela
Erixida como diocese Século IX
Elevada a arquidiocese 1120
Dioceses sufragáneas Lugo
Mondoñedo-Ferrol
Ourense
Tui-Vigo
Parte de Igrexa Católica
Rito Rito latino
Xerarquía Apostólica
Papa Francisco, papa
Arcebispo Julián Barrio
Xurisdición
Pazo arcebispal

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica a Catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.

Julián Barrio, actual arcebispo.
Diocese de Santiago de Compostela, en azul escuro.

A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546 km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1.287.118 persoas, deles 1.132.664 católicos, o que representa o 88% da poboación e dela dependen 1.069 parroquias, na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Julián Barrio.

Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.

Ver Tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Web oficial da arquidiocese de Santiago de Compostela

Divisións territoriais católicas
advocación | parroquia | santoral
arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vigairía ou vicariato