Santiago o Menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago o Menor
Santiago o Menor por Angelo de'Rossi (s. XVII, en San Xoán de Latrán, Roma)
Apóstolo e Mártir
Biografía
Nacementodescoñecida, s. I d.C. en descoñecido, posibelmente en Palestina
Pasamentoca. 62?, guindado dende o alto do templo e rematado mallando nel a paus en segundo algunhas tradicións en Ostracina?, Provincia romana de Exipto, as reliquias atópanse na Basílica dos Santos Apóstolos, en Roma
Proceso de canonización
CanonizaciónAnterior á Congregación
Veneración
Venerado/a enTodas as confesións cristiás
Festividade3 de maio (xunto con San Filipe, data do traslado das reliquias á basílica de Roma, a Occidente) (1º de maio, na anglicana e na católica antes de 1955; 11 de maio na católica entre 1955 e 1969; na Igrexa ortodoxa diferénciase entre Xacobe, o irmán de Cristo (25 de outubro) e Xacobe, fillo de Alfeo (9 de outubro))
Santuario principalSanti Apostoli (Roma)
Atributoscon barba; cun garrote ou unha serra grande ou unha ferramenta de corte con pau; libro
Patrón/a deUruguai, Frascati

Xacobe ou Xácome coñecido coma Santiago o Menor, en arameo Yaqob bar Clopas e en grego Iάκωβος Iàkovos), fillo de Alfeu (Caná, Galilea ? - Xerusalén, 62 dC) segundo o Novo Testamento, foi un dos Doce Apóstolos de Xesús de Nazaret. É venerado coma santo en todas as confesións cristiás. Fillo dun home cananeo chamado de Alfeo e a súa dona María de Clopas, era irmán de Xosé e Xudas Tadeo (Marcos|15|40) e curmán de Xesús Cristo, xa que os pais de ambos os dous serían irmáns. Segundo o historiador xudaico Flavio Xosefo, no ano 62 un Xacobe "irmán de Xesús, chamado do Cristo" foi xulgado polo sanedrín e executado por apedramento (Antigüidades xudaicas, 20.9.1). A tradición considera que este relato cita a Santiago o Xusto.

Tradición posterior[editar | editar a fonte]

A tradición mantén que Santiago foi crucificado por violar a Torá xudaica, aínda que esta versión contén erros históricos; só tiñan o dereito de condenar a crucifixión a alguén os romanos mais por outra banda os romanos non interferían en crimes relixiosos, a menos que cresen que se incitaba á rebelión. O seu martirio tería lugar en Ostracina (Baixo Exipto) onde estaba a predicar.

Veneración[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición cristiá, os seus restos mortais foron trasladados a Constantinopla e, posteriormente, a Roma, á igrexa dos Santos Apóstolos (Santi Apostoli).

Até 1955, a Igrexa Católica facía a festividade de Santiago, xunto coa de San Filipe, o 1º de maio, aniversario da dedicación da Igrexa dos Santos Apóstolos de Roma, onde se achan as súas reliquias. Ao se instituír a festa de San Xosé Obreiro, en 1955, o 1º de maio, vaise mover a data da festa de Santiago e Filipe ao 11 de maio, o día máis achegado que non tiña asignada festa ningunha. En 1969, trala revisión do Calendario romano, vaise mover de novo, agora ao 3 de maio, que é a data de celebración hoxe en día. A Igrexa Anglicana mantén coma festividade o 1 de maio, e a Igrexa ortodoxa grega, o 9 de outubro.