Residencia oficial de Monte Pío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O amencer en Monte Pío durante o inverno.

A residencia oficial de Monte Pío, deseñada por Manuel Gallego Jorreto, é a residencia do Presidente do Goberno galego. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga e está destinada a servir de aloxamento aos presidentes electos de Galiza. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo. Conta con 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²[1]) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.

Os terreos foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda ao proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]