Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

'Fontana di Trevi' en Roma.
Roma
Flag of Rome.svg
Coat of arms of Rome.svg
Mapa
LAZ-Mappa.png
Información
País Italia
Rexión Lazio
Superficie 1285 km2
Poboación 2.817.293 (Padrón municipal)
Densidade 2.197 h/km²
Alcalde Gianni Alemanno Pobo da Liberdade
Colosseum-2003-07-09.jpg
www.comune.roma.it Páxina Oficial
O Panteón.

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con cerca de 2.546.804 (2001) habitantes. Esténdese por unha área de 1.285 km2, tendo unha densidade de poboación de 1.981 hab/km2. Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

Na antigüidade foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea. Conserva numerosas ruínas e monumentos na parte da cidade antiga.

Fai fronteira con Albano Laziale, Anguillara Sabazia, Ardea, Campagnano di Roma, Castel Gandolfo, Castel San Pietro Romano, Ciampino, Colonna, Fiumicino, Fonte Nuova, Formello, Frascati, Gallicano nel Lazio, Grottaferrata, Guidonia Montecelio, Marino, Mentana, Monte Porzio Catone, Monte Compatri, Monterotondo, Palestrina, Poli, Pomezia, Riano, Sacrofano, San Gregorio da Sasola, Tivoli, Trevignano Romano, Zagarolo.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa.

Índice

[editar] Historia

Segundo a tradición Roma tería sido fundada no ano de 753 a.C. por Rómulo. No comezo foi gobernada por reis, pero tornouse unha república en 509 a.C. (de acordo coa tradición). A cidade crecía, e no final da República, a cidade de Roma era a capital dun vasto imperio arredor do Mar Mediterráneo. A poboación de Roma medraba, tanto que no seu auxe chegou a albergar máis dun millón de habitantes.

Co fortalecemento do Cristianismo na cidade, no século III, o Bispo (que despois pasaría a ser chamado Papa) de Roma tornouse a maior autoridade relixiosa na Europa Occidental.

Imaxe do coliseo romano de noite.

A partir de mediados do século III, co comezo das invasións bárbaras no Imperio Romano (que chegaron a asaltar por varias veces a cidade), produciuse un fluxo de habitantes da cidade para o campo; cando o Imperio Romano se derrubou, pouco máis de 50 mil habitantes moraban aínda na cidade. A cidade de Roma estaría en mans bárbaras (e apoiada economicamente e politicamente polo Imperio Bizantino) durante polo menos catro séculos máis, cando en 756, Pipino III derrotou os longobardos. Roma pasaría a ser capital dos Estados Pontificios ata 1870, onde o Papa era a autoridade máxima do Estado.

Roma pasou a ser a capital da nova Italia unificada, en 1871. O 11 de febreiro de 1929, Benito Mussolini estableceu, nunha serie de acordos co papado cristián, o Estado independente do Vaticano, cedendo un espazo de 0,44 km² da cidade de Roma ao novo país.

Roma sufriu pesados bombardeos e foi tamén o campo de varias batallas, na Segunda Guerra Mundial, aínda que a cidade teña sufrido menos danos que outras cidades controladas polo Eixo (como Berlín ou Varsovia). Roma foi capturada polos aliados o 4 de xuño de 1944, a primeira capital dunha potencia central do Eixo en caer.

A cidade foi escenario dun crecemento acelerado nos anos que se seguiron á guerra. Con cerca de 240 mil habitantes na época da unificación italiana, a cidade medrou ata 692 mil en 1921 e 1.6 millón en 1962.

En 1960, a cidade foi sede das Olimpíadas de Verán.

[editar] Subdivisións

Municipios de Roma

O concello de Roma divídese oficialmente en 19 entidades singulares denominadas municipios e antes de 2000 coñecidas como circunscricións. O centro histórico divídese en rione que non teñen carácter administrativo senón histórico, na actualidade hai 22 rioni. Fóra do centro histórico Roma divídese en 35 quartieri, 6 suburbios e 59 zonas.

[editar] Economía

O Foro

O turismo posúe un papel vital na economía de Roma, dado o status da cidade como un dos máis famosos e máis coñecidos destinos turísticos do mundo.

A cidade é tamén un centro bancario e financeiro. Outros elementos destacados son o marketing e a moda (roupas de griffe).

[editar] Símbolos e curiosidades

Sicht vom petersdom roma.jpg

Cores: amarelo e vermello, representando, respectivamente, o cristianismo e o imperio.

Festivos municipais:

Proverbios:

  • Todos os camiños levan a Roma.
  • En Roma, faga como os romanos fan.
  • Roma non foi construída nun día.
  • Remover Roma con Santiago.

[editar] Véxase tamén


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Outras linguas