Purgatorio
Na teoloxía católica, o purgatorio é o lugar de limpeza e expiación dos pecados onde, despois da morte, as persoas que morreron sen pecado mortal (ofensa directa a Deus), pero que cometeron pecados leves na súa vida, teñen que limpar esas culpas para poder alcanzar o ceo. Debido a que todo aquel que entra no purgatorio terminará chegando ó ceo tarde ou cedo, o purgatorio non é unha forma de inferno. As pregarias polos mortos e as indulxencias poden abreviar a estadía dun ou varios dos seres queridos que estean en dito lugar.
Na igrexa de San Vicenzo de Cespón (Boiro) pode observarse este relevo coa seguinte inscrición:
|
Igrexa de Cespón, Boiro
|
|
|
A idea do purgatorio segundo a teoloxía protestante [editar]
O protestantismo rexeita a existencia do purgatorio por non atopar evidencias que o proven na Sagrada Escritura, nin un consenso na patrística, ademais de consideralo contrario a fe cristiá. A argumentación protestante xira entorno a idea de que só existen dúas posibilidades: a condenación e a salvación. Enténdese que a salvación foi lograda pola morte de Xesús na cruz e que é perfecta para quen a recibe pola fe, de modo que tanto a culpa como a pena dos pecados son borrados indeleblemente no fiel pola soa gracia de Deus sen ter en conta os méritos, penitencias ou calquera outro esforzo que o crente faga. Esta crenza apóiana principalmente na Biblia:
Posto que o purgatorio non existe no protestantismo tampouco teñen lugar as indulxencias ou as misas de sufraxio polos defuntos. Lutero denunciará estas prácticas católico-romanas como un comercio encuberto onde o que realmente lle importaba a igrexa era a acumulación de grandes fortunas para fins "pouco cristiáns"[1] como a construción da Basílica de San Pedro. Coa condena da venda de indulxencias tamén se condenaba a idea do purgatorio no luteranismo temperán. No seguinte desenrolo da teoloxía protestante ata a actualidade a venda de indulxencias quedou nun segundo plano e o rexeitamento fundouse directamente nos problemas teolóxicos que presenta a crenza nun estado intermedio de purificación entre o ceo e o inferno. Ademais de ser contraria a soteroloxía protestante choca directamente con outras crenzas como a imposibilidade de obter o favor dos santos na intercesión que está limitada tan só a Xesucristo como único mediador e a idea de pecado que rexeita a existencia de pecados veniais considerando todo pecado como mortal. As confesións históricas [2] [3] [4] coínciden case todas polo tanto na condena á crenza do purgatorio.