Salomón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
Salomón foi, segundo a Biblia, rei de Israel e fillo de David.
Ó seu reinado atribúese a construción do Templo de Salomón en Xerusalén, lugar onde se gardaba a Arca da Alianza, que contiña as táboas da Lei, revelada por Deus a Moisés no monte Sinaí, o caxato de Moisés e a cobra de bronce coa que Moisés acabou coa praga que asolou o campamento xudeu durante o seu trasego polo deserto do Sinaí.
Considerado na Biblia como un rei sabio, a el se lle atribúen os libros chamados sapienciais.
Á súa morte o reino dividiuse en dous: Norte e Sur.