Cachotería
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escada e muralla feitas con cachotería no castro de San Cibrao de Las
A cachotería ou cachotaría é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra tosca, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas a modo de calzos chamadas ripios.
Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (ainda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.
O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- de Llano, Pedro. (2006) Arquitectura popular en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.