Tomé, apóstolo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tomé.
A incredulidade de San Tomé (Caravaggio)
Tomé, nado en Palestina e finado talvez na India no século I, foi un dos doce apóstolos, probablemente era un pescador. É venerado como santo pola Igrexa Católica, a Igrexa Ortodoxa e a Igrexa Ortodoxa Copta.
Segundo parece o seu nome era Xudas (en arameo, Yəhudah). O feito máis coñecido de Tomé atópase no Evanxeo segundo San Xoán 20, 24-29, onde, incrédulo, nega a resurreción de Cristo ata que non meter as mans nas furas que os cravos fixeran no corpo de Cristo. Segundo a tradición predicou en Siria, Partia e a India, onde foi a orixe da Igrexa Malabar e foi executado o 3 de xullo do 72 na India.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Tomé apóstolo (en inglés)