Aimerico Picaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aimery Picaud»)
Aimerico Picaud
Nacementoséculo XI
Lugar de nacementoReino de Francia
Falecementoséculo XI
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote, monxe e frade
Na rede
Bitraga: 3672
editar datos en Wikidata ]

Aimerico Picaud[1] foi un monxe poitevin de Parthenay-le-Vieux, que viviu durante o século XII. Tradicionalmente foi considerado o autor da Guía do Peregrino, primeira obra dedicada á romaxe de Santiago de Compostela.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ilustración do Codex Calixtinus.

Realizou a romaxe a Santiago a cabalo, e visitou polo camiño un bo número de santuarios da cristiandade. Foi o primeiro que propuxo substituír a competencia entre os diversos santuarios por unha complementariedade: para chegar a Compostela, visitar de paso todos os santuarios que están na ruta. Existe un gran número de itinerarios posibles, mais os catro principais son denominados rutas compostelás e son rexistrados na guía baixo o nome de «camiños de Santiago».

A Guía do Peregrino ou Iter pro peregrinis ad Compostellam, antecesora da guía turística actual, foi orixinariamente escrita en latín e constitúe o quinto e derradeiro libro do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, conxunto de textos conformado por pezas litúrxicas e redactado entre os anos 1135 e 1140. Os catro camiños de Santiago que o autor describe son, de norte a sur, a vía turonensis, a vía lemovicensis, a vía podiensis e a vía tolosana.

Detállanse as etapas, as reliquias que se debe venerar, os santuarios a visitar antes de chegar até a catedral elevada á gloria de Santiago, así mesmo da informacións e consellos prácticos sobre as rexións que atravesan os camiños e maila súa opinión, pintoresca e por veces subxectiva, sobre os seus habitantes. A obra serviu de referencia durante os séculos seguintes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aimerico Picaud". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. Díaz y Díaz, Manuel Cecilio (2010). Escritos jacobeos. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago. p. 120. ISBN 978-84-9887-459-4. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  3. Moisan, André (1985). "Aimeri Picaud de Parthenay et le «Liber Sancti Jacobi»". Bibliothèque de l'École des chartes (en francés) (París: Librairie Droz) 143: 5–52. ISSN 0373-6237. Consultado o 20 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • López Pereira, X. Eduardo: Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1993.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]