Ano Santo Xacobeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xacobeo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ano.

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo compostelán, é unha celebración católica que se celebra en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos.

Índice

[editar] Historia e características

Para conseguir a bula xubilar ou xubileu o católico ten que visitar a Catedral de Santiago de Compostela, onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo Santiago o maior, rezar algunha oración, cando menos o Credo, o Noso Pai e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os sacramentos da comuñón e da penitencia. A graza que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.

O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano 1428, convocado polo arcebispo Lope de Mendoza, aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa Calisto II no ano 1122 grazas a unha falsificación feita a fins do século XV da bula de Alexandre III, Regis Aeterni, que o establecía así.

Táboa dos Anos Santos Xacobeos, periodicidade: 6, 5, 6, 11
OS 28 ANOS SANTOS XACOBEOS DOS SÉCULOS XX e XXI
+6 +5 +6 +11
+28 1909 1915 1920 1926
+28 1937 1943 1948 1954
+28 1965 1971 1976 1982
+28 1993 1999 2004 2010
+28 2021 2027 2032 2038
+28 2049 2055 2060 2066
+28 2077 2083 2088 2094
Fonte: Calendario perpetuo

[editar] Galería de Imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas