Bob Dylan

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bob Dylan
Joan Baez Bob Dylan.jpg
Bob Dylan (der.) con Joan Baez (esq.) na Marcha polos Dereitos Civís en Washington, D.C. (1963){{{caption}}}
Nome completo Robert Allen Zimmerman
Alias
Naceu 24 de maio de 1941
Duluth, Minnesota Flag of Minnesota.svg
Estados Unidos Flag of the United States.svg
Orixe {{{orixe}}}
Morreu
Ocupación (s) Cantautor, autor, poeta, actor, guionista, disc jockey
Xénero Folk, Folk Rock, Rock, Blues, Country
Instrumento(s) Voz, guitarra, baixo, harmónica, teclado, acordeón, percusión
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s) Columbia Records, Asylum Record
Relacionado con Paul Butterfield Blues Band, Al Kooper, The Band, Rolling Thunder Revue, Mark Knopfler, Traveling Wilburys, Tom Petty and the Heartbreakers, Van Morrison, Grateful Dead, Joan Baez, Allen Ginsberg
Tempo en activo 1959 — actualidade
Web www.bobdylan.com

Bob Dylan, que recibiu ó nacer o 24 de maio de 1941 o nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta americano. Algunhas das súas cancións como "Blowin' In The Wind" e "The Times They Are A-Changin'" convertéronse en himnos dos movementos pacifistas e polos dereitos civís e el foi un artista popular e influente desde os anos sesenta ata a actualidade.

As primeiras letras de Dylan incorporaban comentarios sobre a situación política e social ademais de referencias filosóficas e literarias que rompían coas convencións da música pop do seu tempo ademais de incorporar as tradicións da música popular norteamericana como o folk, o country, o blues o rock and roll e mesmo trazos da música celta ou do jazz.

Dylan aparece nas súas actuacións cunha guitarra, un teclado e unha harmónica.

De orixe xudeu, admirador de Woody Guthrie desde os seus anos universitarios, o seu paso por Greenwich Village de Nova York, onde actuaba en pequenos clubs, foi fundamental para entender a súa concepción da música. Tras gravar o trío Peter, Paul and Mary unha versión de "Blowin' in the Wind" en 1963 comezou a facerse coñecido nos ambientes musicais, o que lle permitiu gravar o seu segundo disco, xa que o primeiro de 1962 fóra un fracaso comercial.

Bob Dylan estivo catro veces tocando en Galicia. A súa primeira vez foi no estadio de Riazor da Coruña no ano 1993, dentro do macrofestival "Xacobeo concierto de los mil años". A segunda vez foi en Santiago, no Multiusos do Sar e no ano 2004 volveu novamente a Santiago para tocar no Monte do Gozo. Finalmente, tocou en xuño de 2008 no Instituto Ferial de Vigo.

[editar] Discografía

Vexa o artigo principal en: Discografía de Bob Dylan

Ferramentas persoais