Barack Obama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barack Obama
Official portrait of Barack Obama.jpg
Barack Hussein Obama II
Premio Nobel da Paz
Seal of the President of the United States.svg
44º Presidente dos Estados Unidos
Período: 20 de xaneiro de 2009–act.
Antecesor: George W. Bush
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Senador dos Estados Unidos (Illinois)
Período: 3 de xaneiro de 2005
16 de novembro de 2008
Antecesor: Peter Fitzgerald
Sucesor: Roland Burris
Senador do Estado de Illinois
Período: 8 de xaneiro de 1997
4 de novembro de 2004
Antecesor: Alice Palmer
Sucesor: Kwame Raoul
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 4 de agosto de 1961 (52 anos)
Lugar: Honolulu, Estados Unidos
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Partido Demócrata
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Michelle Obama (dende 1992)
Parella: {{{parella}}}
Fillos: Malia e Sasha
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: A Casa Branca (oficial)
Chicago, Illinois (particular)
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: Universidade de Columbia
Universidade Harvard
Profesión: Avogado
Mestre de dereito contitucional
Autor
Relixión: Cristianismo
Premios: {{{premios}}}
Sinatura de Barack Hussein Obama II
A Casa Branca
Barack Obama

Barack Hussein Obama II, nado en Honolulu (Hawai) o 4 de agosto de 1961,[1] é o cuadraxésimo cuarto e actual presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de Illinois entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008, momento no que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.

Ten o graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard (en inglés: Harvard Law School), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista Harvard Law Review. Foi organizador comunitario en Chicago antes de obter o grado en dereito. Traballou como avogado especializado en dereitos civís antes da súa elección como senador polo estado de Illinois. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago (en inglés: University of Chicago Law School) dende o ano 1992 ata o 2004.

Obama ocupou un escano no Senado de Illinois durante tres lexislaturas (de 1997 a 2004). Tras perder unha contenda para obter un escano no Parlamento norteamericano no ano 2000, presentou a súa candidatura ao Senado no 2004. En marzo do 2004, venceu nas eleccións primarias do partido demócrata, o que fixo del unha figura coñecida no país. Despois de pronunciar o seu discurso de apertura do congreso demócrata dese mesmo ano, a súa popularidade aumentou significativamente. Foi elixido senador dos Estados Unidos en novembro do ano 2004 coa marxe de votos máis ampla da historia de Illinois.

Comezou a súa carreira cara á presidencia en febreiro de 2007.[2][3] Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo partido demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 venceu ao candidato republicano John McCain converténdose no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2009. O 9 de outubro dese mesmo ano, recibiu o Premio Nobel da Paz polos seus "extraordinarios esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre as persoas".

Formación e traxectoria[editar | editar a fonte]

Barack Obama naceu en Honolulu, Hawai, Estados Unidos o 4 de agosto de 1961, fillo de Ann Dunham e de Barack Obama, Sr.. Os pais de Obama coñecéronse nunha clase de ruso na universidade Mānoa de Hawai. A parella casou o 2 de febreiro de 1961, e o rapaz naceu ese mesmo ano. Os pais de Barack Obama separáronse no ano 1963 e obtiveron o divorcio no 1964. O pai de Obama volveu a Kenya, o seu país de orixe e viu o fillo só unha vez máis antes de morrer nun accidente de tráfico en 1982.

Tralo divorcio, Ann Dunham casou con Lolo Soetoro, un estudante indonesio. Cando Suharto, un líder militar indonesio, chegou ao poder en 1967, tódolos estudantes indonesios no estranxeiro foron chamados de volta ao seu país. A familia tivo que viaxar a Indonesia nese mesmo ano.

En 1971, Barack Obama volveu a Honolulu para vivir cos seus avós maternos, Madelyn e Stanley Dunham, e asistiu á escola Punahou, unha escola preparatoria privada dende quinto grao ata a súa graduación en 1979.

A nai de Obama regresou a Hawai en 1972 e permaneceu alí ata 1977, ano no que volveu a Indonesia para realizar un traballo de campo de antropoloxía. Ann Dunham volveu finalmente a Hawai en 1994 e viviu alí un ano, antes de finar por mor dun cancro de ovario.

Obama lembrou da súa infancia que "o meu pai non se parecía en nada á xente que me rodeaba, xa que el era negro coma a brea, e a miña nai branca coma o leite; e o seu recordo está esvaído". Describiu os seus esforzos de mozo para reconciliar as percepcións sociais da súa herdanza multirracial. Referíndose máis tarde aos seus anos de estudo en Honolulu, Obama escribiu: "A oportunidade que Hawai me ofrecía para experimentar unha variedade de culturas nun clima de respecto mútuo se converteu nunha parte integrante da miña visión do mundo, e na base dos valores que máis aprezo". Obama escribiu e falou sobre o feito de que consumira alcohol, marihuana e cocaína na súa adolescencia "para expulsar da miña mente as preguntas sobre quen era eu".

Tras rematar a escola superior, trasladouse a Los Angeles en 1979 para asistir ao Occidental College. Despois de dous anos, en 1981, trasladouse á universidade de Columbia en Nova York, onde cursou Ciencias Políticas, especializándose en Relacións Internacionais, graduándose en 1983 cunha licenciatura en Artes Liberais. Traballou durante un ano na Business International Corporation e despois no New York Public Interest Research Group.

Despois de vivir catro anos en Nova York, Obama viaxou a Chicago, onde foi contratado como director do Proxecto de Comunidades en Desenvolvemento (en inglés Developing Communities Project), unha organización relixiosa que contaba con oito parroquias no Gran Roseland (Roseland, West Pullman e Riverdale) na zona sur da cidade denominada South Side, dende xuño de 1985 a maio de 1988. Durante os tres anos que estivo á fronte do DCP, o personal medrou de un a trece, e o orzamento anual medrou de 70.000$ a 400.000$. Colaborou na creación dun programa de preparación para traballadores, un programa de titoría para as preparatorias universitarias, e unha organización de defensa dos dereitos dos inquilinos en Altgeld Gardens. Tamén traballou coma consultor e instructor da Fundación Gamaliel, un instituto de organización comunitaria. a mediados de 1988 fixo a súa primeira visita a Europa durante tres semanas, e marchou outras cinco semanas a Kenya, onde coñeceu a moitos dos seus parientes paternos. Volveu en agosto do 2006 para visitar o lugar de nacemento do seu pai, no oeste de Kenya.

Obama entrou na Universidade de Dereito de Harvard a fines do ano 1988. Foi elixido director da Harvard Law Review ao rematar o seu primeiro ano, e presidente do xornal no segundo ano. Trala súa graduación coma Doutor en Xurisprudencia coa mención "magna cum laude", en 1991, volveu a Chicago. Casou coa avogada Michelle Obama en 1992 e da parella naceron dúas fillas. A elección de Obama coma primeiro presidente negro da revista Harvard Law Review obtivo a atención dos medios de todo o país e facilitoulle a obtención dun contrato cunha editorial que lle concedeu un aticipo para escribir un libro sobre as relacións raciais, que finalmente se converteu nunha memoria persoal da súa vida. O manuscrito foi publicado en 1995 co título Dreams from My Father ("Soños de meu pai").

Política[editar | editar a fonte]

Asemblea Xeral de Illinois[editar | editar a fonte]

En 1996, Obama foi elixido como Senador do estado de Illinois representando a Hyde Park na cidade de Chicago, onde era considerado un liberal firme.

Campaña Para o Senado[editar | editar a fonte]

Obama durante un discurso.

No 2004, Obama fixo campaña polo asento que o senador anterior, Peter Fitzgerald, deixara vacante. Nas eleccións primaria para a candidatura Demócrata os seus opositores foron Blair Hull, un home de negocios, e Dan Hynes, Interventor do estado de Illinois. Obama comezou po baixo de Hull nas sondaxes de opinión, pero isto cambiou logo dun escándalo de violencia doméstica que implicou a Hull. A partir de alí, mellorou notablemente a imaxe de Obama e comezou a liderar nas sondaxes de opinión. Á vez, comezou a recibir o apoio de líderes democráticos. Nas Eleccións Primarias, Obama sumou máis votos que os outros seis candidatos combinados, gañando co 52% dos sufraxios.

Obama entón enfrontouse co candidato Jack Ryan, o gañador da Primaria Republicana. Durante a campaña, con todo, un escándalo sexual implicou a Ryan (foi acusado de levar á súa esposa a clubs de sexo). Debido a iso, Ryan retirouse da campaña. O partido republicano de Illinois elixiu o candidato conservador Alan Keyes para substituír a Ryan. Finalmente, Obama gañou as eleccións por unha diferenza considerable: 69,97% contra o 27,05% de Keyes.

Eleccións presidenciais do 2008[editar | editar a fonte]

Nas eleccións do 4 de novembro do 2008, a candidatura do Partido Demócrata, encabezada por Barack Obama e acompañado de Joe Biden coma candidato á Vicepresidencia venceu á candidatura do Partido Republicano, formada por John McCain e Sarah Palin. Logo desa vitoria, Obama será o vindeiro presidente dos Estados Unidos cando asuma o cargo o 20 de xaneiro do 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peter Fitzgerald
Senador dos Estados Unidos
2009–presente
Sucesor:
Roland Burris


Predecesor:
George Walker Bush
Seal of the President of the United States.svg
Presidente dos Estados Unidos de América

2009presente
Sucesor:
no cargo


Predecesor:
Martti Ahtisaari
Nobel prize medal.svg
Premio Nobel da Paz
2009
Sucesor:
Liu Xiaobo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barack Obama