Billboard 200

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos.

Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200. A súa publicación iniciouse o 24 de marzo de 1945 amosando os 100 álbums máis vendidos, e no ano 1967 a lista expandíuse a 200. Dende 1991, Billboard toma como fontes á compañía Nielsen SoundScan, e as respectivas discográficas de cada artista ou banda. Posto que os resultados publicados na lista son substanciais e con moi bos respaldos, a RIAA (Recording Industry Association of America) tómaos como unha importante referencia, non sendo a única para despois valorar a entrega de discos de ouro (500.000 copias vendidas), platino (1 millón) e ocasionalmente os escasos de diamante (10 millóns) ao respectivo artista nos Estados Unidos.

A lista tamén conta coas súas limitacións, por exemplo na súa publicación omite as vendas que semanalmente vende o artista ou grupo, o que é unha gran desvantaxe xa que non se pode xulgar o desempeño do álbum dunha semana a outra. É tamén imposible determinar o éxito relativo de álbums, por exemplo non hai indicación de se o álbum do número un vendeu millairos máis de copias que o número 50, ou se só ducias máis. Pero para ese problema SoundScan ten unha exclusiva suscrición onde Billboard reserva unha lista alterna onde contén datos de vendas do disco.