Paul von Heyse
|
|
|
|---|---|
| Paul von Heyse por A. F. von Menzel | |
| Nacemento: | 15 de marzo de 1830 Berlín |
| Falecemento: | 2 de abril de 1914 Múnic |
| Lingua: | Alemá |
| Xénero(s): | Teatro, poesía, contos, novelas |
Paul Johann Ludwig von Heyse, nado en Berlín o 15 de marzo de 1830 e falecido en Múnic o 2 de abril de 1914, foi un escritor alemán.
Estudou linguas clásicas na Universidade de Berlín coa idea de ser profesor de filoloxía; pero o éxito de L'Arrabbiata 1855, levouno a dedicarse á literatura.
Foille concedido o Premio Nobel de Literatura en 1910. Durante a súa estadía en Berlín foi membro do grupo poético Tunnel über der Spree, e en Múnic forma parte do grupo Krokodil, cidade onde morreu o 2 de abril de 1914.
Índice |
Obras [editar]
Escribiu uns 120 contos, 6 novelas, 60 obras de teatro e versos, entre eles traducións de poetas españois, italianos e ingleses.
Obra seleccionada [editar]
- 1850: Franziska von Rimini
- 1852: Spanisches Liederbuch
- 1855: Novellon
- 1859: Vier neue Novellon
- 1859: Die Sabinerinnen
- 1862: Ludwig der Bayer
- 1862: Andreea Delfin
- 1864: Neue Novellon
- 1871: Ein neues Novellenbuch
- 1872: Gedichte
- 1873: Kinder der Welt
- 1879: Das Ding au sich
- 1889: Verse aus Italien
- 1883: Das Buch der Freudschaft
- 1892: Merlin
- 1895: Melusine
- 1884-1898: Neuer deutscher Novellenschatz
- 1889-1905: Italienische Dichter seit der Mitte des 18, Jabrhunderts
- 1906: Victoria Regia
- 1908: Gegen den Strom
- 1909: Die Geburt der Venus
- 1914: Letzte Novellen
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1910
- Obras de Paul Heyse no Proxecto Gutenberg
|
|||||||||||||||||||