Harold Pinter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Pinter.

Harold Pinter, nado en Hackney (Londres) o 10 de outubro de 1930 e finado en Londres o 24 de decembro de 2008, foi un dramaturgo e guionista cinematográfico inglés. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Harold Pinter introduciuse no mundo do teatro como actor. A súa primeira peza foi The Room (1957), cun único acto. Despois escribiu moitas comedias, como The Birthday Party (1958), The Caretaker (1960), The Dumb Waiter (1960) ou The Homecoming (1965).

Dedicouse tamén intensamente á radio e a televisión: The Collection (1961), The Lover (1963) e colaborou co director J. Losey. Entre as súas obras recentes están Vellos tempos (Old Times, 1971), No Man's Land (1975), Betrayal (1978) e The Hothouse (1980), Mountain Language (1988), Moonlight (1993), Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000), nas que alternan momentos sombríos e momentos de farsa.

Harold Pinter é tamén un activista político, crítico coa Guerra de Iraq, os gobernos de George W. Bush e Tony Blair, o tratamento turco dos curdos e defensor de Fidel Castro e Slobodan Milosevic. Unha boa mostra da súa ideoloxía pode verse no seu polémico discurso de aceptación do Nobel.

Obra[editar | editar a fonte]

O teatro de Pinter ten como referentes a Franz Kafka, Samuel Beckett e o teatro do absurdo. Os protagonistas padecen as neuroses do home contemporáneo e ocultan os seus sentimentos. A linguaxe é coloquial e está chea de ambigüidades, pausas e silencios, ademais da sensación de inadecuación expresiva.

A única obra de Pinter publicada en galego foi Vellos tempos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado dúas veces, a segunda con Antonia Fraser. Morreu dun cancro de fígado[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]