Little Richard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Little Richard en 2007.

Richard Wayne Penniman, máis coñecido coma Little Richard, nado en Macon (Xeorxia) o 5 de decembro de 1932, é un cantante americano, un dos pioneiros do Rock and roll.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comenzou a súa carreira musical na música relixiosa, que soubo converter nos anos cincuenta ó rock cun ritmo vertixionoso e unha forma de cantar salvaxe. El mesmo dixo que se consideraba o "arquitecto" do rock and roll, pero que a color da súa pel afastárono da gloria que tiveron outros como Elvis Presley[Cómpre referencia]. O seu primeiro éxito foi "Tutti frutti" gravado en 1955. Despois de varios éxitos, "Good Golly, Mis Molly", "Long Tall Sally" ou "Lucille" en 1957 deixou a música para preparse para ser ministro evanxélico. En 1962 volveu os escenarios aínda que sen o éxito precedente.