Pedro Almodóvar
| Pedro Almodóvar Caballero | |
|---|---|
| O cineasta Pedro Almodóvar (en 2008) | |
| Nacemento: | 24 de setembro de 1949 (63 anos) Calzada de Calatrava (Ciudad Real) |
| Ocupación: | Actor Cantante Director |
Pedro Almodóvar Caballero, nado en Calzada de Calatrava (Ciudad Real) o 24 de setembro de 1949, é un director de cinema e guionista manchego, un dos principais referentes do cinema español a nivel internacional.
Índice |
Traxectoria[editar]
Primeiros anos[editar]
Cando tiña oito anos Pedro Almodóvar emigrou xunto coa familia a Orellana la Vieja, unha vila de Extremadura, onde foi educado en escolas de salesianos e franciscanos. A súa formación relixiosa provocou nel un rexeitamento da relixión nun futuro. Nesa mesma época comezou a frecuentar as salas de cinema de xeito compulsivo.
Chegada a Madrid[editar]
Con dezaseis anos, en 1968, mudou a súa residencia a Madrid, sen familia nin cartos, coa soa idea de estudar e facer cine. Nun principio tivo que se dedicar a vender obxectos de segunda man no mercado do rastro. Deseguido entrou a formar parte do grupo teatral "Los Goliardos", onde trabou amizade coa actriz Carmen Maura, quen posteriormente deviría a "diva" da súa primeira etapa cinematográfica. Fundou así mesmo un grupo musical de punk-rock canda o iconoclasta Fabio McNamara e escribiu relatos que nalgúns casos foron publicado en volumes colectivos. Nestes primeiros anos en Madrid, traballou en Telefónica. Aforrou até conseguir mercar unha cámara de Súper 8 coa que se lanza á rodaxe de diversas curtametraxes. Estas curtas convérteno nunha especie de enfant terrible da movida madrileña, movemento contracultural que se desenvolve dende a morte do ditador Francisco Franco até mediados dos anos 80. A primeira destas curtametraxes, titulada Film político, realizouna en 1974. Seguiríanlle os títulos Dos putas, o historia de amor que termina en boda, La caída de Sodoma, Sexo va, sexo viene, ¡Folle... folle... fólleme Tim!...
En 1980 Pedro Almodóvar estrea a súa primeira longametraxe titulada Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón. Trátase dun filme rupturista, realizado en condicións de produción extremas[Cómpre referencia] e filmado en 16 mm.; pese a isto, obtivo unha grande acollida no festival de San Sebastián daquel ano.
Producións El Deseo[editar]
En 1987, conxuntamente co seu irmán Agustín Almodóvar fundou a produtora "El Deseo", que a partir de entón produciu todos os seus filmes. Cunha produtora de seu, a súa sona non parou de medrar até disintguilo coma o director español vivo máis recoñecido. A clave desta fama internacional radica seguramente no seu éxito nos Estados Unidos, onde se converteu nunha figura mediática, e nos premios Óscar da Academia, amais do mimo con que é tratada pola crítica gala, sendo de especial relevancia a súa ligazón co festival de Cannes[Cómpre referencia]. Retomando a relación con Norteamérica, Almodóvar gañou un Óscar polo guión de Hable con ella no ano 2003 e fora candidato á mellor película en lingua estranxeira en 1988 con Mujeres al borde de un ataque de nervios.
A meirande parte dos seus filmes poden inxerirse no xénero melodramático. O propio Almodóvar confesou en diversas ocasións que as súas fontes de inspiración cinematográficas eran Douglas Sirk, Preston Sturges, George Cukor, Rainer Werner Fassbinder, John Cassavettes, só por mencionar uns poucos[Cómpre referencia]. Esta utilización do melodrama xunto a personaxes estrafalarios ou marxinais reportoulle un status de éxito.
Filmes[editar]
| Ano | Filme |
|---|---|
| 1978 | Un hombre llamado Flor de Otoño, de Pedro Olea (A) |
| 1980 | Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (DGA) |
| 1982 | Laberinto de pasiones (DGAM) |
| 1983 | Entre tinieblas (DG) |
| 1984 | ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (DGA) |
| 1986 | Matador (DG) |
| 1987 | La ley del deseo (DGAM) |
| 1987 | La ley del deseo, de Pedro Almodóvar (A) |
| 1988 | Mujeres al borde de un ataque de nervios (DG) |
| 1990 | ¡Átame! (DG) |
| 1991 | Tacones lejanos (DG) |
| 1991 | En la cama con Madonna, de Alek Keshishian (A) |
| 1993 | Kika (DG) |
| 1995 | La flor de mi secreto (DG) |
| 1997 | Carne trémula (DG) |
| 1999 | Todo sobre mi madre (DG) |
| 1999 | Tatuaje, de Gregori Baquet (A) |
| 2002 | Hable con ella (DG) |
| 2004 | La mala educación (DG) |
| 2006 | Volver (DG) |
| 2009 | Los abrazos rotos (DG) |
| 2011 | La piel que habito (DG) |
| 2012 | Los amantes pasajeros (DG), inicio das gravacións en xuño de 2012. |
- A: actor
- DG: director e guionista
- DGA: director, guionista e actor
- DGAM: director, guionista, actor e música
Produtor (e non director)[editar]
| Ano | Filme | Director |
|---|---|---|
| 2007 | La mujer rubia | Lucrecia Martel |
| 2005 | La vida secreta de las palabras | Isabel Coixet |
| 2004 | La niña santa | Lucrecia Martel |
| 2002 | Mi vida sin mí | Isabel Coixet |
| 2001 | El espinazo del diablo | Guillermo del Toro |
| 1998 | Cuernos de espuma | Manuel Toledano |
| 1996 | Mi nombre es sombra | Gonzalo Suárez |
| 1993 | Acción mutante | Álex de la Iglesia |
| 1982 | Pestañas postizas | Enrique Belloch |
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Blog do realizador. (en castelán)
- Páxina web de Pedro Almodóvar. (en castelán)
- EL DESEO. (en castelán)
- Páxina oficial coa retrospectiva Viva Pedro celebrada en Nova York (en inglés)