William Butler Yeats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
'William Butler Yeats'
Yeats Boughton.jpg
Yeats en 1903
Datos persoais
Nacemento 1865
Lugar Dublín, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Flag of the United Kingdom.svg
Falecemento 28 de xaneiro de 1939
Lugar Roquebrune-Cap-Martin, Francia Flag of France.svg
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, Teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

William Butler Yeats, nado en Dublín o 13 de xuño de 1865 e finado en Roquebrune-Cap-Martin o 28 de xaneiro de 1939, foi un poeta e dramaturgo irlandés. Envolto nun halo de misticismo, Yeats foi unha das figuras máis representativas do renacemento literario irlandés e foi un dos fundadores do Abbey Theatre. Tamén exerceu como Senador. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1923.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

William Butler Yeats naceu o 13 de xuño de 1865 en Georgeville, preto de Sandymount Castle, en Dublín (Irlanda). Fillo do pintor John Butler Yeats e Susan Pollexfen Yeats, unha familia angloirlandesa protestante. O seu avó, chamado tamén William Butler Yeats, era reitor da Igrexa Irlandesa, mentres o seu pai era un nacionalista escéptico e ateo. O carácter do mozo Yeats foi unha combinación de ambos os dous. O biógrafo Richard Ellmann escribe respecto diso: Erixiu unha fe excéntrica nalgún lugar entre as crenzas ortodoxas do seu avó e os descrementos non ortodoxos do seu pai.

En 1867, aos dous anos, Yeats trasladouse coa súa familia a Londres, ao número 23 da rúa Fitzroy. Alí permaneceu apenas cinco anos, pois en xullo de 1872 volveu coa súa nai e cos seus irmáns ao condado irlandés de Sligo, á casa dos seus avós, William e Elizabeth Pollexfen en Merville. Alí enchoupouse de contos de fadas que lle contaba a xente sinxela de Irlanda, e a súa nai contoulle moitas historia sobre os trasgos e os gnomos, mentres que a xente do campo relataba as súas experiencias coa "xente pequena". Sen dúbida a súa estancia marcou para sempre o seu carácter, como el mesmo escribiría: O lugar que realmente tivo maior influencia na miña vida foi Sligo.

En outubro de 1874 volta de novo coa súa familia a Londres e instálase en Edith Vilas. Alí o seu pai relaciónase cun grupo de pintores prerrafaelitas. Na primavera de 1877 William comeza os seus estudos na escola londiniense de Godolphin de Hammersmith, pero ante o escaso éxito do seu pai como pintor marchan no verán de 1881 a Balscadden Cottage, en Howth, preto de Dublín. Yeats comeza a escribir e ler poesía. Estudou na Erasmus Smith High School ata decembro de 1883. Nesa época foi un estudante pouco aplicado e distraído, e o único que parecía interesarlle de verdade era a poesía.

En 1884 tentou en balde acceder ao Trinity College, pero máis tarde e moi ao seu pesar ingresa na Escola Metropolitana de Arte de Dublín, onde estudou pintura. Alí coñeceu a George Russell (coñecido co pseudónimo de AE), quen o iniciou no mundo do sobrenatural e esotérico. Comezou a escribir poesía simbólica e a experimentar con visións e alucinacións. Detesta a ciencia, á que vía en contraste directo coa poesía, a beleza e a verdade, e empeza a sentirse atraído polo budismo (xa renunciara á relixión ortodoxa en 1880).

Maud Gonne e as súas primeiras publicacións[editar | editar a fonte]

Cartel para a inauguración do Abbey Theatre; interprétanse dúas obras de Yeats.

En abril de 1885 publicou no Dublin University Review os seus primeiros poemas. En xuño do mesmo ano fundou a Sociedade Hermenéutica de Dublín xunto a George Russell e Charles Johnson. En abril do ano seguinte abandonou a Escola Metropolitana de Arte e en outubro publicou de forma privada Mosada.

Coñece a John O'Leary, que estivera preso cinco anos en cárceres británicos e quince no exilio. O'Leary transmitelle a Yeats as súas ideas nacionalistas, e ata chegou a sentirse atraído por W. Morris, aínda que non foi capaz de seguir as súas doutrinas socializantes porque desconfía das masas e do proletariado.

En abril de 1887 trasládase coa súa familia a Londres. Alí únese a un grupo de poetas en decadencia como Ernest Rhys, Arthur Symons, Ernest Dowson, Lionel Johson, etc., con quen formou un club literario: The Rymers Club. Alí tamén Yeats descobre á Sociedade Teosófica, un novo movemento que aseguraba ter a posibilidade de ofrecer unha síntese de relixión, ciencia e filosofía. En maio de 1887 visitou á súa fundadora, Madame Helena P. Blavatsky, quen tamén protagonizaba unha serie de sesións espiritistas. Logo de establecer varias conversacións con ela e moito tempo de meditación, Yeats uniuse á famosa Sociedade Teosófica de Londres en novembro de 1888. Así mesmo foi membro da Orde Hermética da Alba Dourada e as súas ordes sucesoras desde 1890 ata 1921.

En 1889 publicou a súa primeira colección de poemas, The Wanderings of Oisin and Other Poems (As peregrinacións de Oisin e outros poemas). O día 30 de xaneiro de 1889 ocorre un feito fundamental na vida de Yeats, coñece a Maud Gonne, quen sería de gran importancia na súa vida. A pesares das súas mostras de amor, Maud sempre rexeitou a Yeats. Propúxolle matrimonio en 1891, pero non accedeu. En 1899 foi a visitala a París a pedirlle man, pero foi respondido de novo de forma negativa. Maud Gonne contraeu matrimonio en febreiro de 1903 con John McBride, un veterano de guerra. Anos máis tarde foi a visitala a Normandía unha vez máis coa esperanza de desposala, así que un ano despois propúxolle matrimonio a Iseult, a filla de Maud, pero o resultado foi idéntico ao da súa nai. A pesar diso, Maud Gonne ocupou un lugar moi importante na poesía de Yeats. Moitos dos seus poemas móstrana como a unha bela moza con andares de raíña que incitaba aos irlandeses a revelarse. O seu patriotismo debeu de influír en Yeats.

Teatro[editar | editar a fonte]

Monte Benbulben, en Sligo, Irlanda.

En 1896 regresou a Irlanda, onde se integrou no movemento do renacemento literario do seu país e estableceu amizade coa autora teatral nacionalista lady Isabella Augusta Gregory, coa axuda dela fundaría o Teatro Nacional Irlandés (1901). Yeats escribiu para esta compañía, da que foi director ata a súa morte.

Varias das súas obras de teatro estiveron inspiradas no pasado mitolóxico celta, e estas frecuentemente viraban en torno ao heroe celta Cúchulainn, sendo reunidas en "4 pezas para baile" (1921). Tiñan forte influencia do simbolismo e do teatro nō, que empezaba a coñecerse en Europa. Isto notábase na ritualización da obra e o teatralismo que empregaba máscaras e xestos, ademais da inclusión de coros, danzas e música cerimonial. Así mesmo, os elementos simbolistas achábanse en diálogos de ton poético, nos que irrompía o místico e o onírico.

Polas súas condicións escénicas, as súas obras eran máis aptas para ser representadas ante un público reducido, polo que contribuíron ao desenvolvemento do teatro de cámara

Outras obras dramáticas destacadas de Yeats son A condesa Kathleen, de carácter nacionalista, e Deirdre, unha traxedia en verso.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

O período máis fecundo de Yeats foi o das súas obras de madurez e vellez. Entre as primeiras destacan os volumes de poesía O casco verde, Responsabilidades e Os cisnes salvaxes de Coole, nos que se evidencia unha profunda evolución da súa linguaxe lírica, que se fai persoal, vigorosa, exacta e cegadora.

En 1925 escribiu o tratado Unha visión, onde expresa a súa crenza na íntima relación entre a imaxinación poética e a realidade universal. Segundo o historiador Giordano Berti (en "Claves y Secretos del Tarot", Editorial Salvat, Barcelona 2005, p.23) nesta obra, a máis misteriosa do poeta irlandés, vive o recordo do ensino esoterica da Golden Dawn sobre o Tarot; as "28 incarnaciones", como explicaba Yeats, son fases da transformación do ser. Deste material naceron, por suxestión de Ezra Pound, fermosas colleciónes poéticas como A torre (1928), A escaleira de caracol (1933) e Últimos poemas e obras de teatro, que inclúe o celebrado «Cara a Bizancio», Yeats alcanzou o cenit da súa poesía.

A súa poesía, que a pesar do seu espírito innovador, xeralmente se caracterizou polo seu coidado formal. Igualmente, era de carácter simbolista e utilizaba imaxes que traducían o inconsciente universal das culturas. En 1923 obtivo o Premio Nobel de Literatura e, ao independizarse o seu país do Reino Unido, foi elixido senador do Estado Libre Irlandés.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1886 - Mosada
  • 1888 - Fairy and Folk Tales of the Irish Peasantry
  • 1889 - The Wanderings of Oisin and Other Poems
  • 1891 - Representative Irish Tales
  • 1891 - John Sherman and Dhoya
  • 1892 - Irish Faerie Tales
  • 1892 - The Countess Kathleen and Various Legends and Lyrics
  • 1893 - The Celtic Twilight
  • 1894 - The Land of Heart's Desire
  • 1895 - Poems
  • 1897 - The Secret Rose
  • 1899 - The Wind Among the Reeds
  • 1900 - The Shadowy Waters
  • 1902 - Cathleen ni Houlihan
  • 1903 - Ideas of Good and Evil
  • 1903 - In the Seven Woods
  • 1907 - Discoveries
  • 1910 - The Green Helmet and Other Poems
  • 1912 - The Cutting of an Agate
  • 1913 - Poems Written in Discouragement
  • 1914 - Responsibilities
  • 1916 - Reveries Over Childhood and Youth
  • 1917 - The Wild Swans at Coole
  • 1918 - Per Amica Silentia Lunae
  • 1921 - Michael Robartes and the Dancer
  • 1921 - Four Plays for Dancers
  • 1921 - Four Years
  • 1924 - The Cat and the Moon
  • 1925 - A Vision
  • 1926 - Estrangement
  • 1926 - Autobiographies
  • 1927 - October Blast
  • 1928 - The Tower
  • 1929 - The Winding Stair
  • 1933 - The Winding Stair and Other Poems
  • 1934 - Collected Plays
  • 1935 - A Full Moon in March
  • 1938 - New Poems
  • 1939 - Last Poems and Two Plays (Obra póstuma)
  • 1939 - On the Boiler(Obra póstuma)

Referencias populares[editar | editar a fonte]

  • A letra da canción de Joni Mitchell Slouching toward Bethlehem, está baseada no poema de Yeats The Second Coming.
  • The Second Coming foi tamén empregada como base para o episodio da serie Angel Slouching towards Bethlehem.
  • The Second Coming tamén proporcionou o nome para a novela Things Fall Apart, de Chinua Achebe.
  • O epitafio de Yeats inspirou o título da novela de Larry McMurtry Horseman, Pass By, da cal está baseada a película Hud.
  • O Grupo de Indie Rock The Smiths fai referencia a Yeats na canción Cementry Gates do disco The Queen is dead.
  • No Need To Argue, o segundo disco da banda de rock irlandesa The Cranberries, contén unha canción chamada Yeat's Grave, que fai referencia á vida do poeta.
  • O conto "Biografía de Tadeo Isidoro Cruz", que é parte do libro "O Aleph" de Jorge Luís Borges, comeza cunha cita de "The Winding Stair".
  • O grupo aleman de black metal Bethlehem toma o seu nome da estrofa final da poesía "the second coming" cuxo poema tamén tómano como titulo dunha canción no seu primeiro disco "Dark metal", a banda tamén cita a William en varias das súas composicións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William Butler Yeats

En español

En inglés