Alfred Tennyson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lord Tennyson

Alfred Tennyson, tamén coñecido como Lord Tennyson, nado en Somersby, no condado de Lincolnshire, o 6 de agosto de 1809 e finado o 6 de outubro de 1892, foi un dos poetas ingleses máis populares do seu tempo, e un referente sobranceiro do que se denomina en Literatura o período do Postromanticismo.