Mark Knopfler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Knopfler en concerto.

Mark Freuder Knopfler, nado o 12 de agosto de 1949 en Glasgow, é un guitarristas escocés da época contemporánea, ademais de cantante e letrista. É coñecido sobre todo por ser o guitarrista e vocalista de Dire Straits, tamén actua en solitario e gravou con outros grupos e foi letrista de artistas tales como Bob Dylan, Eric Clapton e Chet Atkins, e produciu álbums para Tina Turner e Randy Newman. Filmes como Local Hero, The Princess Bride, Cal, Last Exit to Brooklyn e Wag the Dog levan a súa música.