Theodor Mommsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christian Matthias Theodor Mommsen
Nome completoChristian Matthias Theodor Mommsen
Nacemento30 de novembro de 1817
 Garding, Schleswig
(entón parte de Dinamarca)
Falecemento1 de novembro de 1903
 Berlín, Alemaña
SoterradoDreifaltigkeitskirchhof II
NacionalidadeReino de Prusia e Ducado de Schleswig
EtniaPobo alemán
Alma máterUniversidade de Kiel e Christianeum Hamburg
Ocupaciónhistorian of classical antiquity, numismático, xurista, xornalista, historiador do dereito, escritor, profesor universitario, político, epigrafista, erudito clásico, arqueólogo clásico, historiador e xermanista
PaiJens Mommsen
CónxuxeMaria Auguste Mommsen
FillosKarl Mommsen, Marie Mommsen, Konrad Mommsen, Ernst Mommsen, Hans Georg Mommsen, Wolfgang Mommsen e Lisbet Mommsen
IrmánsTycho Mommsen e August Mommsen
Xéneroshistoria
Coñecido/a porThe History of Rome e Corpus Inscriptionum Latinarum
PremiosPremio Nobel de Literatura, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte e Honorary citizen of Rome
Na rede
WikiTree: Mommsen-8 Find a Grave: 9316938 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Theodor Mommsen, nado en Garding, Schleswig, o 30 de novembro de 1817 e finado en Marchstrasse (Charlottenburg) Berlín, o 1 de novembro de 1903, foi xurista, filólogo e historiador alemán que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1902.

Cando o home xa non atope pracer no seu traballo e traballe só para alcanzar os seus praceres canto antes, entón só será casualidade que non se converta en delincuente.
Theodor Mommsen

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Christian Matthias Theodor Mommsen naceu no seo dunha humilde familia de Garding, unha pequena localidade da rexión de Schleswig-Holstein que por aquel entón pertencía a Coroa de Dinamarca. O seu pai, pastor protestante, introduciuno na cultura e linguas clásicas, formación que consolidaría no Instituto de Altona (1834-1838).

A vocación e a carreira de Mommsen orientáronse decisivamente ao ingresar na Universidade de Kiel para seguir a carreira xurídica en 1838, onde se doutora en Dereito (1843),

Co financiamento da Academia de Berlín conseguiu pór en marcha (1854) un xigantesco proxecto para editar todas as inscricións latinas do Imperio romano (Corpus Inscriptionum Latinarum). No ano da súa morte publicáronse máis de 120.000 epígrafes.

Mommsen desenvolveu unha longa carreira como profesor universitario, ocupando sucesivamente postos docentes, Catedrático de Dereito romano da Universidade de Leipzig en 1848 (aínda que perdeu a cátedra polas súas actividades políticas, apoiou aos monárquicos fronte aos republicanos, posteriormente enfrontouse cos primeiros ao protestar polas súas violentas represalias), recibiu a cátedra de Dereito romano da Universidade de Zúric en 1852, foi profesor de Filosofía na Universidade de Breslau en 1854 e catedrático de Historia antiga na Universidade de Berlín en 1858.

No ano 1873 foi nomeado Secretario vitalicio da Academia de Ciencias de Berlín, da que era membro desde 1858.

Deputado no Reichstag desde 1881 e adversario de Otto von Bismarck.

En 1895 obtivo como recoñecemento a medalla de prata da Royal Numismatic Society de Londres.[1]

O 1 de novembro de 1903 morría Theodor Mommsen na súa casa de Marchstrasse (Charlottenburg, Berlín). Intelectuais e homes de Estado de Europa enteira expresaron o seu pesar pola morte do máis grande dos investigadores da Roma antiga, do xenial coordinador de decisivos proxectos científicos, do infatigable estudoso da Antigüidade, do político comprometido coa vida pública do seu tempo.

As súas investigacións científicas estableceron as bases da dialectoloxía da Italia prerromana.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Theodor Mommsen nun retrato de Ludwig Knaus (1881)

A impoñente obra de Mommsen (máis de 1.500 títulos) é unha excepcional contribución ao desenvolvemento da historia antiga. Os seus traballos xurídicos, filolóxicos, epigráficos e numismáticos son referentes fundamentais para os especialistas.

As súas principais obras son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.