Miguel Ángel Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Asturias
Nome completoMiguel Ángel Tejada Peñuela
Nacemento19 de outubro de 1899
Lugar de nacementoCidade de Guatemala
Falecemento9 de xuño de 1974
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Miguel Ángel Asturias
NacionalidadeGuatemala
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de París e Universidade de São Carlos da Guatemala
Ocupaciónpoeta, escritor, diplomático, xornalista, político e poeta avogado
CónxuxeClemencia Amado e Blanca Mora y Araujo
FillosRodrigo Asturias
Coñecido porLeyendas de Guatemala e Mulata de tal
PremiosPremio Nobel de Literatura, Order of Augusto César Sandino, Medalla Yucatán e Premio Lenin da Paz
Na rede
IMDB: nm1131854 Discogs: 3324475 WikiTree: Asturias_Rosales-1 Find a Grave: 7737 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Asturias Rosales, nado en Cidade de Guatemala o 19 de outubro de 1899 e finado en Madrid o 9 de xuño de 1974, foi un escritor e diplomático guatemalteco. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1967 e un ano antes, obtivo o Premio Lenin da Paz.

Biografía[editar | editar a fonte]

En desacordo co ditador Manuel Estrada Cabrera mudouse coa súa familia ao interior do país a unha vila chamada Salamá. Durante parte da década dos anos 20, estudou a sociedade e a relixión Maia, traduciu o Popol Vuh, o sacro libro Quiché dos Mayas, traballo que rematou en 1926. Estudou Medicina e Dereito no seu país, sendo dirixente do movemento de Reforma Universitaria, e Antropoloxía na universidade da Sorbona (París). En 1942 saíu elixido deputado en Guatemala. Posteriormente foi nomeado embaixador en distintos países suramericanos. En 1954, exiliouse. Tras ser rehabilitado, nos anos 60 foi embaixador en Francia.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Novelista e escritor de contos do realismo máxico, influído nas súas orixes polo surrealismo, moi pronto, sen renunciar a ese sinal, penétra no seu campo predilecto: a mitoloxía indíxena, a propia terra (o telúrico, en termo moi actual), no sentido de compromiso cos desgustos dos campesiños sometidos ao xugo colonialista, o que se comeza a ver xa nos títulos das súas obras. Xunto a iso, e faceta non menos importante, a calidade e sonoridades da súa prosa apenas admiten comparación na literatura castelá do século XX.

Publica Leyendas de Guatemala (1930) ao redor de mitos e lendas nativas e mestizas. Na súa soada novela El señor Presidente (1946) retrata (como farán García Márquez en El otoño del patriarca, Roia Bastos en Yo el supremo, ou Vargas Llosa en La fiesta del Chibo) a un típico ditador latinoamericano por procedementos grotescos e burlescos, pero nun marco de forte contido ético e social en que a morte e a inxustiza se atopan moi presentes.

Hombres de maíz (1949) é recoñecida por moitos como a súa obra mestra. Novela típica do realismo máxico, aprécianse na mesma igualmente as voces e os rostros do oprobio e a inxustiza, pero en termos de crúa explotación colonialista. Para iso, o máis resaltable é que o autor logra, de forma case sobrenatural (Juan Rulfo é outro mestre nesta arte), axustar a linguaxe e o ritmo da súa prosa aos da raza que retrata, as súas fantásticas crenzas, os seus antigos xeitos e costumes.

Insistiu en parecidos temas nas súas seguintes obras, como nas polémicas novelas denominadas como "La trilogía de la república de la banana" que é conformada por: Viento fuerte (1950), El Papa verde (1954) e Los ojos de los enterrados (1960).

O teatro de Miguel Ángel Asturias é menos coñecido, aínda que abunda no inconformismo e a crítica social: Chantaje e Dique seco, ambas as dúas de 1964.

Obra[editar | editar a fonte]

El papa verde de Miguel Ángel Asturias na Biblioteca General Salvat.
  • Leyendas de Guatemala (narrativa, ed. Alianza, Madrid), 1930;
  • El señor Presidente (novela, ed. Alianza, Madrid), 1946;
  • Hombres de maíz (novela, ed. Alianza, Madrid), 1949;
  • Viento fuerte (novela, ed. Alianza, Madrid), 1950;
  • El Papa verde (novela, ed. Alianza, Madrid), 1954;
  • Week-end en Guatemala (relato, ed. Alianza, Madrid), 1956;
  • Los ojos de los enterrados (novela, ed. Alianza, Madrid), 1960;
  • El alhajadito, 1961;
  • Mulata de tal (ed. Galaxia Gutenberg), 1963;
  • Cuentos y leyendas (ed. Galaxia Gutenberg), 1965;
  • Clarivigilia primaveral, 1965;
  • El espejo de Lida Sal (conto, ed. Siglo XXI), 1967;
  • Maladrón (Epopeya de los Andes verdes), (ed. Alianza, Madrid), 1969;
  • Viernes de Dolores (ed. Alianza, Madrid), 1972;
  • América, fábula de fábulas (ensaio), 1972.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]