Paul Simon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul Frederic Simon é un cantautor norteamericano nacido en Newark (Nova Jersey) o 13 de outubro de 1941. Formou dúo con Arthur Garfunkel a finais dos anos 50 como Tom and Jerry e na década seguinte xa como Simon and Garfunkel ata a súa separación en 1970. Paul Simon foi o autor da música e da letra de todas as cancións orixinais do dúo. Entre as máis coñecidas están "The Sound of Silence", "Homeward Bound", "Mrs. Robinson", "Cecilia" e "Bridge Over Troubled Water".
A súa carreira en solitario levouno a experimentar con músicas e ritmos de moi diferentes partes do mundo coma Sudáfrica, Brasil e Porto Rico.
[editar] Discografía
- Paul Simon (1972)
- There Goes Rhymin' Simon (1973)
- Paul Simon in Concert: Live Rhymin' (1974)
- Still Crazy After All These Years (1975)
- One Trick Pony (1980)
- Hearts and Bones (1983)
- Graceland (1986)
- The Rythm of The Saints (1990)
- Paul Simon's Concert in the Park (1991)
- Songs from The Capeman (1997)
- You're the One (2000)
- Surprise (2006)
[editar] Actuacións en vivo
Paul Simon actuou en Galiza unha soa vez. O 18 de xullo de 1991 ofreceu un concerto no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira Born At The Right Time, na que presentaba o seu máis recente álbum The Rythm of The Saints (1990). O saxofonista Michael Brecker e o trompetista Chris Botti tamén participaron no concerto xunto cunha numerosa banda composta na súa maior parte por músicos africanos e brasileiros coma Vincent Nguini, Ray Phiri, John Selolwane, Armand Sabal-Lecco, Mingo Araújo, Dom Chacal e Cyro Baptista.