Highway 61 Revisited
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Highway 61 Revisited | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de Bob Dylan | |||||
| Edición: | 30 de agosto de 1965 | ||||
| Datas de gravación: | |||||
| Estudio(s) de gravación: | Columbia Studios en New York | ||||
| Duración: | 51:04 | ||||
| Xénero: | Rock, folk rock, blues rock | ||||
| Selo(s): | Columbia Records | ||||
| Producido por: | Bob Johnston Tom Wilson en "Like a Rolling Stone" |
||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Highway 61 Revisited, amplamente considerado un dos mellores álbums da historia, foi o sexto na carreira do músico estadounidense Bob Dylan. Saíu ó mercado norteamericano o 30 de agosto de 1965 a través do selo Columbia Records. A canción "Like a Rolling Stone" foi considerada pola revista Rolling Stone como a mellor canción do pop e do rock.
Aínda que principalmente se trata de música acústica, Dylan usou a músicos de rock como banda de apoio en todas as cancións do disco, agás na balada de 11 minutos que pecha o álbum, "Desolation Row". Os críticos centráronse no xeito innovador no que Dylan combinou a música blues coa sutileza da poesía para crear cancións que capturasen o caos político e cultural dos Estados Unidos dese tempo.
Listaxe de cancións [editar]
- "Like a Rolling Stone" – 6:09
- "Tombstone Blues" – 5:57
- "It Takes a Lot to Laugh, It Takes a Train to Cry" – 4:05
- "From a Buick 6" – 3:15
- "Ballad of a Thin Man" – 5:55
- "Queen Jane Approximately" – 5:28
- "Highway 61 Revisited" – 3:26
- "Just Like Tom Thumb's Blues" – 5:28
- "Desolation Row" – 11:21