Salvatore Quasimodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Nobel prize medal.svg
Salvatore Quasimodo'
Salvatore Quasimodo 1959.jpg
Salvatore Quasimodo en 1959.
Datos persoais
Nacemento 20 de agosto de 1901
Lugar Modica, Italia
Falecemento 14 de xuño de 1968
Lugar Amalfi, Italia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Italiano
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Salvatore Quasimodo, nado en Modica, Sicilia (Italia) o 20 de agosto de 1901 e finado en Amalfi o 14 de xuño de 1968, foi un poeta e xornalista membro do movemento hermético italiano, recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1959.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Modica, o 20 de agosto de 1901. O seu pai, de profesión ferroviario, foi trasladado a Messina en 1908 pouco despois do terremoto que arrasou dita cidade en decembro dese mesmo ano. Foi nesta cidade onde escribiu os seus primeiros versos, con só dezaseis anos, nunha pequena revista literaria que edita xunto a uns amigos no instituto técnico onde estuda.

En 1919 múdanse a Roma, e alí matricúlase en enxeñaría no Politécnico; as dificultades económicas obríganlle a realizar diversos traballos para poder pagarse os estudos universitarios, que finalmente non chegaría a terminar. Nesa época empézase a espertar nel o interese polo grego e o latín. En 1926 trasládase a Reggio dei Calabria, ó conseguir alí unha praza de funcionario aparellador.

A súa primeira publicación poética foi en 1930 na revista Solaria, onde aparece unha colección de poemas seus co título de Acque e terre. Dous anos despois publica Oboe sommerso, obra que esperta un gran interese entre os críticos literarios.

A partir de 1934 vive en Milán, frecuentando os círculos literarios da devandita cidade.

En 1938 pode deixar ao fin o seu traballo de aparellador, facéndose redactor da revista Il Tempo, na cal, a parte de encargarse da crítica teatral, signifícase como opositor ó fascismo. En 1940 publica Lirici greci, obra na que reúne as súas traducións dos clásicos e que representará unha etapa importante na súa produción literaria, pois mostra nela o seu interese no achegamento entre a poesía clásica e a contemporánea. É nomeado profesor do Conservatorio de Milán en 1941, e en 1942 publica Ed è subito sera, obra coa que alcanza un gran éxito, e na que aparece recollida unha antoloxía da súa produción poética até esa data.

Entre 1949 e 1958 intensifica a súa produción como tradutor, publicando varias traducións do latín (Catulo), do grego (o Evanxeo de San Xoán e Sófocles) e do inglés (A tempestade de Shakespeare).

A partir do fin da Segunda Guerra Mundial introduce nos temas da súa poesía contidos máis sociais, relacionados coa situación política do seu país. Comparte con Dylan Thomas en 1953 o premio Etna-Taormina de poesía.

En 1959 concédenlle o Premio Nobel de Literatura; o discurso que pronuncia ante a Academia Sueca, no que defende o papel activo do poeta e da poesía na sociedade, será publicado en 1960 xunto con outros ensaios no libro O poeta e o político. En 1960 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Messina. Durante os últimos anos da súa vida realizou un activo labor xornalístico, publicando numerosos artigos de opinión nos cales critica de forma áceda o consumismo da sociedade moderna. Morre en Nápoles o 14 de xuño de 1968 por mor dunha hemorraxia cerebral; está enterrado no Cemiterio Monumental de Milán.

A súa casa atópase na cidade de Modica e pódese visitar.

Poesía[editar | editar a fonte]

Poden distinguirse na poesía de Salvatore Quasimodo dúas etapas diferentes: a primeira corresponde ós poemas publicados na antoloxía Ed è subito sera e á súa obra poética publicada até o final da guerra, nos cales utiliza unha forma concisa, case minimalista, xunto cun contido fortemente simbólico. Este estilo hermético compartíano con el outros poetas italianos da súa época, como Giuseppe Ungaretti, Alfonso Gatto e Mario Luzi, todos eles fortemente influenciados polos poetas franceses Paul Valéry e Stéphane Mallarmé, e cos cales acabaría conformando a que foi denominada a escola hermética italiana.

Unha vez terminada a guerra, ó desaparecer a censura, os temas da poesía de Quasimodo envórcanse na problemática social, utilizando hábilmente a analoxía entre as escravitudes humanas actuais e os mitos gregos; abandona entón o hermetismo e desenvolve unha poesía máis clara e vital.

Enlaces externos[editar | editar a fonte]