Derek Walcott

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Derek Walcott, nado o 23 de xaneiro de 1930 en Castries, Santa Lucía, é un escritor en lingua inglesa procedente de Santa Lucía.

Gañador do Nobel de Literatura no ano 1992, destaca especialmente como poeta e como autor dramático. Na súa obra, vinculada ao realismo máxico, ten unha especial relevancia a mestizaxe cultural, producindo versións propias dos vellos mitos europeos. Considérase un dos representantes da literatura poscolonial. A súa escrita é barroca e emprega un inglés que recolle moitas das súas variantes caribeñas. En 1953 emigrou a Trinidade e Tobago, onde fundou o Obradoiro de Teatro de Trindade e comezaría a escribir as súas primeiras obras dramáticas. Hoxe é catedrático de literatura e composición da Universidade de Boston.

[editar] Obras máis importantes

  • Soño na montaña do mono (teatro, 1970)
  • Outra vida (1973)
  • Uvas do mar (1976)
  • O reino da mazá estrelada (1979)
  • O viaxeiro afortunado (1981)
  • Inverno (1984)
  • O testamento de Arkansas (1987)
  • Omeros (1990)
  • A abundancia (poemas, 1997)
Ferramentas persoais