William Faulkner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Nobel prize medal.svg
William Faulkner'
William Faulkner 01 KMJ.jpg
William Faulkner
Datos persoais
Nacemento 25 de setembro de 1897
Lugar New Albany, Mississippi Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 6 de xullo de 1962
Lugar Oxford Estados Unidos de América Estados Unidos
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Estelle Oldham
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela e conto
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Faulkner signature.png
{{{web}}}

{{{notas}}}

William Faulkner, nado en New Albany (Mississippi) o 25 de setembro de 1897 e finado en Oxford o 6 de xullo de 1962, foi un escritor estadounidense. O seu verdadeiro apelido era Falkner, que cambiou por motivos comerciais. Esta considerado o único modernista americano da década de 1930, seguindo a tradición experimental de escritores europeos como James Joyce, Virginia Woolf e Marcel Proust, e coñecido polo seu uso de técnicas literarias innovadoras, como o monólogo interior, a inclusión de múltiples narradores ou puntos de vista e saltos no tempo dentro da narración.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Faulkner criouse preto de Oxford, lugar ao que se trasladou a familia en 1902. Era o maior de catro irmáns dunha familia tradicional sureña. En Faulkner hai unha gran influencia do ambiente xeral do Sur: Mississippi marcou o seu sentido do humor, a súa forte caracterización do carácter típico sureño e os seus temas atemporais.

No ano 1915 deixa os estudos e comeza a traballar no banco do seu avó. Durante a I Guerra Mundial ingresa como piloto da RAF (Real Forza Aérea Británica). Cando regresa á súa cidade, entra como veterano na Universidade de Mississippi, aínda que volve deixar os estudos, agora para dedicarse a escribir. Durante esa época realiza traballos como pintor de teitos e portas, ou carteiro na Universidade de Oxford (de onde o botan polo costume de ler a correspondencia antes de entregala), e publica o seu primeiro e único libro de poemas: The Marble Faun (1924).

Xornalismo e viaxes[editar | editar a fonte]

A partir de 1921 Faulkner traballa como periodista en Nova Orleans e coñece ao escritor de contos Sherwood Anderson, que o axuda a encontrar un editor para a súa primera novela, A paga dos soldados (1926).

Pasa unha tempada viaxando por Europa. Ao seu regreso comeza a escribir unha serie de novelas ambientadas no condado ficticio de Yoknapatawpha (inspirado no condado de Lafayette, Mississippi), onde transcorren gran parte dos seus escritos, e do cal fai unha descrición xeográfica e traza un mapa en ¡Absalóm, Absalóm! (1936). Alí pon a vivir a 6.928 brancos e 9.313 negros, como pretexto para presentar personaxes característicos do grupo sudista arruinado do cal era arquetipo a súa propia familia. A primeira destas novelas é Sartoris (1929), na que identificou ao coronel Sartoris co seu propio bisavó, William Cuthbert Falkner, soldado, político, construtor ferroviario e escritor. Despois aparece O ruido e a furia, que confirmou a súa madureza como escritor.

Casou con Estelle Oldham, decidindo establecer a súa casa e fixar a súa residencia literaria na pequena vila de Oxford.

A pesar da boa aceptación dos lectores da súas obras, só se vendeu ben Santuario (1931). Os seus temas do mal e a corrupción continúan sendo relevantes na actualidade. A secuela do libro, Requiem for a Nun, é a única obra de teatro que publicou. A introdución é unha única frase que abarca unhas cantas páxinas. Debido ao éxito de Santuario conseguiu un traballo, bastante máis lucrativo, como guionista de Hollywood. En 1946, o crítico Malcolm Cowley, preocupado porque Faulkner era pouco coñecido e apreciado, publicou The Portable Faulkner, libro que reúne extractos das súas novelas nunha secuencia cronolóxica.

Nobel[editar | editar a fonte]

En 1949 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura; en 1955 recibiu o premio Pulitzer pola súa novela Unha fábula; e gañou o National Book Award (postumamente) polas súas Collected Stories. Está considerado un dos creadores de ficción máis monumentais da historia de la Literatura. A influencia de Faulkner na literatura radica en aspectos técnicos que se manifestan no emprego de determinadas fórmulas. Faulkner influiría en autores posteriores en español, como Juan Carlos Onetti, Juan Benet, Gabriel García Márquez, Isabel Allende e Alejo Carpentier, así como en Julio Cortázar e Mario Vargas Llosa.

Faulkner foi coñecido e acusado publicamente polo seu alcoholismo.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Soldiers' Pay (1926)
  • Mosquitoes (1927)
  • Sartoris (1929)
  • O ruído e a furia (The Sound and the Fury, 1929; traducido ao galego por Xurxo Borrazás)[1]
  • As I Lay Dying (1930)
  • Sanctuary (1931)
  • Light in August (1932)
  • Pylon (1935)
  • Absalom, Absalom! (1936)
  • The Unvanquished (1938)
  • The wild palms - If I Forget Thee Jerusalem (1939)
  • The Hamlet (1940)
  • Go Down, Moses (1942)
  • Intruder in the Dust (1948)
  • Requiem for a Nun (1951)
  • A Fable (1954)
  • The Town (1957)
  • The Mansion (1959)
  • The Reivers (1962)
  • Flags in the Dust (1973)

Relatos[editar | editar a fonte]

  • "Landing in Luck" (1919)
  • "The Hill" (1922)
  • "New Orleans"
  • "Mirrors of Chartres Street" (1925)
  • "Damon and Pythias Unlimited" (1925)
  • "Jealousy" (1925)
  • "Cheest" (1925)
  • "Out of Nazareth" (1925)
  • "The Kingdom of God" (1925)
  • "The Rosary" (1925)
  • "The Cobbler" (1925)
  • "Chance" (1925)
  • "Sunset" (1925)
  • "The Kid Learns" (1925)
  • "The Liar" (1925)
  • "Home" (1925)
  • "Episode" (1925)
  • "Country Mice" (1925)
  • "Yo Ho and Two Bottles of Rum" (1925)
  • "Music - Sweeter than the Angels Sing"
  • "A Rose for Emily" (1930)
  • "Honor" (1930)
  • "Thrift" (1930)
  • "Red Leaves" (1930)
  • "Ad Astra" (1931)
  • "Dry September" (1931)
  • "That Evening Sun" (1931)
  • "Hair" (1931)
  • "Spotted Horses" (1931)
  • "The Hound" (1931)
  • "Fox Hunt" (1931)
  • Carcassonne (1931)
  • "Divorce in Naples" (1931)
  • "Victory" (1931)
  • "All the Dead Pilots" (1931)
  • "Crevasse" (1931)
  • "Mistral" (1931)
  • "A Justice" (1931)
  • "Dr. Martino" (1931)
  • "Idyll in the Desert" (1931)
  • "Miss Zilphia Grant" (1932)
  • "Death Drag" (1932)
  • "Centaur in Brass" (1932)
  • "Once Aboard the Lugger (I)" (1932)
  • "Lizards in Jamshyd's Courtyard" (1932)
  • "Turnabout" (1932)
  • "Smoke" (1932)
  • "Mountain Victory" (1932)
  • "There Was a Queen" (1933)
  • "Artist at Home" (1933)
  • "Beyond" (1933)
  • "Elly" (1934)
  • "Pennsylvania Station" (1934)
  • "Wash" (1934)
  • "A Bear Hunt" (1934)
  • "The Leg" (1934)
  • "Black Music" (1934)
  • "Mule in the Yard" (1934)
  • "Ambuscade" (1934)
  • "Retreat" (1934)
  • "Lo!" (1934)
  • "Raid" (1934)
  • "Skirmish at Sartoris" (1935)
  • "Golden Land" (1935)
  • "That Will Be Fine" (1935)
  • "Uncle Willy" (1935)
  • "Lion" (1935)
  • "The Brooch" (1936)
  • "Two Dollar Wife" (1936)
  • "Fool About a Horse" (1936)
  • "The Unvanquished" (1936)
  • "Vendee" (1936)
  • "Monk" (1937)
  • "Barn Burning" (1939)
  • "Hand Upon the Waters" (1939)
  • "A Point of Law" (1940)
  • "The Old People" (1940)
  • "Pantaloon in Black" (1940)
  • "Gold Is Not Always" (1940)
  • "Tomorrow" (1940)
  • "Go Down, Moses" (1941)
  • "The Tall Men" (1941)
  • "Two Soldiers" (1942)
  • "Delta Autumn" (1942)
  • "The Bear" (1942)
  • "Afternoon of a Cow" (1943)
  • "Shingles for the Lord" (1943)
  • "My Grandmother Millard and General Bedford Forrest and the Battle of Harrykin Creek" (1943)
  • "Shall Not Perish" (1943)
  • "Appendix, Compson, 1699-1945" (1946)
  • "An Error in Chemistry" (1946)
  • "A Courtship" (1948)
  • "Knight's Gambit" (1949)
  • "A Name for the City" (1950)
  • "Notes on a Horsethief" (1951)
  • "Mississippi" (1954)
  • "Sepulture South: Gaslight" (1954)
  • "Race at Morning" (1955)
  • "By the People" (1955)
  • "Hell Creek Crossing" (1962)
  • "Mr. Acarius" (1965)
  • "The Wishing Tree" (1967)
  • "Al Jackson" (1971)
  • "And Now What's To Do" (1973)
  • "Nympholepsy" (1973)
  • "The Priest" (1976)
  • "Mayday" (1977)
  • "Frankie and Johnny" (1978)
  • "Don Giovanni" (1979)
  • "Peter" (1979)
  • "A Portrait of Elmer" (1979)
  • "Adolescence" (1979)
  • "Snow" (1979)
  • "Moonlight" (1979)
  • "With Caution and Dispatch" (1979)
  • "Hog Pawn" (1979)
  • "A Dangerous Man" (1979)
  • "A Return" (1979)
  • "The Big Shot" (1979)
  • "Once Aboard the Lugger (II)" (1979)
  • "Dull Tale" (1979)
  • "Evangeline" (1979)
  • "Love" (1988)
  • "Christmas Tree" (1995)
  • "Rose of Lebanon" (1995)
  • "Lucas Beauchamp" (1999)

Coleccións de poesía[editar | editar a fonte]

Guións para cine[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faulkner, William (2007). O ruído e a furia. ISBN 978-84-9865-046-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: William Faulkner
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William Faulkner