Christian Bale
| Christian Bale. | |
|---|---|
Christian Bale en 2009. |
|
| Nacemento | Christian Charles Philip Bale 30 de xaneiro de 1974 (38 anos) Haverfordwest, Pembrokeshire, |
| Profesión | actor |
| Cónxuxe(s) | Sandra Blažić |
| Ficha na IMDb | |
Christian Charles Philip Bale, nado o 30 de xaneiro de 1974 en Haverfordwest, é un actor británico nado en Gales de pais sudafricanos de orixe inglesa.
[editar] Traxectoria
Bale deuse a coñecer cando foi elixido para o papel protagonista do filme de Steven Spielberg Empire of the Sun (1987) á idade de 13 anos, interpretando un neno inglés ó que separan da súa familia e que se atopa perdido nun campo de internamento xaponés durante a Segunda Guerra Mundial. Desde entón foi o protagonista de diversas películas independentes e grandes superproducións que o fixeron moi popular en todo o mundo, entre a súa filmografía destacan American Psycho, The Machinist, dous filmes do superheroe Batman (Batman empeza e The Dark Knight), The Prestige e Terminator Salvation, onde interpreta a John Connor. Destaca pola súa versatilidade, o seu dominio de diferentes acentos da lingua inglesa, e os seus duros réximes alimenticios, o que lle permite gañar ou perder moito peso segundo o papel que teña que interpretar[Cómpre referencia].
Gañador dun Globo de ouro e dun Óscar á mellor interpretación masculina de reparto pola súa interpretación de Richard "Dicky" Eklund no filme The Fighter.